Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Desenvolvemento rural >> PDR 2007-2013 >> Avaliación ambiental
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Avaliación Ambiental Estratéxica do PDR de Galicia 2007-2013

A Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) foi introducida pola Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, sendo incorporada ao ordenamento xurídico estatal mediante a Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. Trátase dun instrumento de prevención co que se pretenden integrar os aspectos ambientais na toma de decisións de plans e programas públicos que poidan ter efectos significativos sobre o medio ambiente, e debe efectuarse en paralelo á propia elaboración do plan ou programa, de xeito interactivo ao longo de todo o proceso de desenvolvemento e toma de decisións.

A tramitación da AAE comeza coa elaboración polo órgano promotor do plan ou programa dun Documento Inicial, que debe acompañar á comunicación do inicio da planificación. Este documento remíteselle ao órgano ambiental competente, que elaborará o Documento de Referencia, no que se marcan as directrices para a elaboración polo órgano promotor do Informe de Sostibilidade Ambiental (ISA). O proceso culmina coa elaboración, conxuntamente polo órgano ambiental e o promotor, da Memoria Ambiental, na que se valorará a integración dos aspectos ambientais na proposta de plan ou programa, o resultado das consultas realizadas e como se tomaron en consideración, analizando así mesmo a previsión dos impactos significativos da aplicación do programa.

Tomando como referente os criterios definidos no Documento de Referencia, a Consellería do Medio Rural procedeu á elaboración do Informe de Sostibilidade Ambiental, no que se identifican, describen e avalían os probábeis efectos sobre o medio ambiente que poden derivarse da aplicación do programa de desenvolvemento rural, definindo así mesmo alternativas razoábeis, técnica e ambientalmente viábeis, que teñan en conta os obxectivos e o ámbito territorial de aplicación do programa.

Informe de seguimento ambiental do PDR de Galicia 2007-2013 - Anualidade 2011 (500 Kb)

Informe de sostibilidade ambiental do PDR de Galicia 2007-2013 (759 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS