Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Desenvolvemento rural >> PDR 2007-2013 >> Axentes do programa >> Autoridade de xestión
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Autoridade de xestión

A autoridade  de xestión do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia é a Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.

A autoridade de xestión é responsábel da elaboración, xestión e aplicación eficiente, eficaz e correcta do programa de acordo coas funcións e responsabilidades que lle atribúe o artigo 75 do Regulamento (CEE) 1698/2005:

  • Garantir que a selección das operacións de cara ao seu financiamento se axuste aos criterios aplicábeis ao Programa de Desenvolvemento Rural.
  •  Asegurar a existencia dun sistema axeitado e informatizado de rexistro e almacenamento de datos estatísticos sobre a aplicación do programa para os efectos de seguimento e avaliación.
  • Garantir que os beneficiarios e demais organismos participantes na execución das operacións:
    • Estean informados das obrigas que lles correspondan como consecuencia da concesión das axudas.
    • Leven un sistema de contabilidade separado ou ben un código contábel axeitado para todas as transaccións relativas á operación.
    • Coñezan os requisitos relativos á presentación de datos á autoridade de xestión e ao rexistro das realizacións e resultados.
  • Garantir que as avaliacións do programa se leven a cabo dentro dos prazos estabelecidos no Regulamento (CE) 1698/2005 e se axusten ao marco común de seguimento e avaliación.
  • Transmitirlles as avaliacións levadas a cabo ás autoridades nacionais competentes e á Comisión.
  • Dirixir as actividades do Comité de Seguimento e enviarlle os documentos necesarios para o seguimento da aplicación do programa de acordo cos seus obxectivos específicos.
  • Garantir o cumprimento das obrigas relativas á publicidade, segundo establece o artigo 76 do Regulamento (CE) 1698/2005.
  • Redactar o informe intermedio anual e presentarllo á Comisión, após a súa aprobación por parte do Comité de Seguimento.
  • Asegurarse de que se lle facilite ao organismo pagador toda a información necesaria, en particular sobre os procedementos e outros controis efectuados, en relación coas operacións seleccionadas para o seu financiamento, antes da autorización dos pagamentos.

A autoridade de xestión asegurarase de que os contratos públicos ou as concesións concedidos, con respecto a proxectos que se benefician da axuda do Feader, cumpren coas disposicións das Directivas 2004/17/CE e 2004/18/CE, do Regulamento (CE) nº 1564/2005 ou cos principios do Tratado onde sexan aplicábeis.

De acordo coa previsión contida no número 2 do artigo 75 do citado Regulamento, as tarefas encomendadas á autoridade de xestión poderán ser obxecto de delegación a outro organismo, sempre que esta siga sendo plenamente responsábel da eficacia e a corrección da xestión e do cumprimento das ditas tarefas.

Autoridade de xestión

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS