Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Desenvolvemento rural >> PDR 2007-2013 >> Axentes do programa >> Comité de seguimento
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Comité de seguimento

Composición

Tal e como estabelece o artigo 77 do Regulamento (CE) 1698/2005 do Feader,
nun prazo máximo de tres meses após a decisión pola que se aprobe o
programa crearase un Comité de Seguimento, que terá a seguinte composición:

Presidente: o Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural, en
representación da autoridade de xestión.

Vogais:

1. Un representante de cada unha das seguintes institucións e organismos da
Xunta de Galicia:

  • Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural
  • Dirección Xeral de Produción Agropecuaria
  • Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agroforestais
  • Dirección Xeral de Montes
  • Dirección Xeral de Conservación da Natureza
  • Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)
  • Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)
  • Dirección Xeral de Planificación e Fondos da Consellería Facenda
  • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
  • Servizo Galego de promoción da Igualdade do Home e da Muller

2. Un representante de cada unha das seguintes institucións e organismos da
Administración Xeral do Estado:

  • Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural do MARM
  • Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA)
  • Dirección Xeral do Medio Natural e Política Forestal do MARM

3. Un representante, con carácter consultivo, da Comisión Europea.

4. Un representante da Federación Galega de Municipios e Provincias
(Fegamp).

5. Un representante do Consello Económico e Social de Galicia.

6. Un representante da rede integrada polos grupos de acción local de
Galicia.

7. Un representante de cada unha das organizacións profesionais agrarias
máis representativas de Galicia.

8. Un representante da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca).

9. Tres representantes dos axentes do sector forestal (asociacións
profesionais e de propietarios, asociacións de MVMC, asociacións de
empresas e industrias forestais) presentes no Consello Forestal de Galicia.

10. Un representante das organizacións ecoloxistas presentes no Consello
Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Funcións

O Comité de Seguimento será o responsábel, xunto coa autoridade de xestión, de controlar a calidade da aplicación do programa, debendo comprobar a eficacia da aplicación do Programa de Desenvolvemento Rural. Para tal efecto, de acordo co artigo 78 do Regulamento (CE) nº 1698/2005, o Comité de Seguimento deberá:

a) ser consultado, nos catro meses seguintes á decisión de aprobación do programa, acerca dos criterios de selección das operacións financiadas; estes criterios revisaranse de acordo coas necesidades da programación;

b) examinar periodicamente os avances rexistrados no cumprimento dos obxectivos específicos do programa a partir dos documentos presentados pola autoridade de xestión;

c) examinar os resultados da aplicación e especialmente o cumprimento dos
obxectivos estabelecidos para cada eixe e as avaliacións continuas;

d) examinar e aprobar o informe intermedio anual e o último informe intermedio antes de enviarllos á Comisión;

e) poderá propoñerlle á autoridade de xestión posíbeis adaptacións ou revisións do programa de cara ao cumprimento dos obxectivos do Feader ou á mellora da súa xestión, incluída a xestión financeira;

f) examinar e aprobar posíbeis propostas de modificación da decisión da Comisión relativa á contribución do Feader.

Funcionamento

O Comité reunirase como mínimo unha vez ao ano. Na súa primeira reunión o comité dotarase dun regulamento de funcionamento interno, que se adoptará coa aprobación da autoridade de xestión do programa. Terán dereito a voto os representantes de institucións e organismos da Xunta de Galicia e da Administración Xeral do Estado.

Poderase convidar ás reunións do Comité a asesores externos que colaboren nas tarefas de seguimento e avaliación.

Todos os membros do Comité de Seguimento poderán delegar a súa asistencia ás reunións nas persoas que designen expresamente.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS