Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural

O Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) é o instrumento único de financiamento da política de desenvolvemento rural. Contribúe á realización dos tres obxectivos correspondentes aos tres eixos de desenvolvemento rural definidos a nivel comunitario, é dicir:

  • aumento da competitividade da agricultura e a silvicultura a través da axuda á reestruturación;
  • mellora do medio ambiente e da contorna rural a través da axuda á xestión territorial;
  • mellora da calidade de vida nas zonas rurais e fomento da diversificación das actividades económicas.


A intervención do Fondo complementa as actuacións estatais, rexionais e locais e contribúe ao logro das prioridades comunitarias. A Comisión e os Estados membros deben así mesmo garantir a coherencia entre a asistencia procedente deste Fondo e dos Estados membros coas actuacións, as políticas e as prioridades da Comisión e coas medidas financiadas con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA).

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS