Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Grupos de Desenvolvemento Rural

Os GDR son asociacións sen fins de lucro constituídas polo conxunto de institucións públicas e entidades privadas, dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional, que desexen implicarse no programa Leader do seu territorio. Os axentes económicos e sociais, así como outros representantes da sociedade civil, deberán representar máis do 50% dos votos en todos os órganos de decisión.

Na Xunta Directiva ou órgano decisorio similar deberán estar representados, entre outros: as asociacións de mulleres, as asociacións de mozos/as, as organizacións profesionais agrarias e as cooperativas agrarias con presenza na comarca.

Deberá rexer o principio de portas abertas na composición de todos os grupos, de xeito que ao longo do período de execución do programa calquera entidade con implantación local poderá solicitar entrar a formar parte do GDR. A negativa a unha solicitude de entrada deberá estar suficientemente xustificada e abrirá a posibilidade de recurso perante o órgano competente.

Calendario de selección dos grupos
A convocatoria quedará resolta nos catro meses seguintes ao pechamento do prazo de admisión de candidaturas. No caso de que nesta convocatoria non se adxudicasen todos os fondos, debido a que o territorio, a estratexia ou o grupo propostos non se adaptasen aos criterios estabelecidos, realizaríase unha segunda convocatoria, que sería publicada dentro dos tres meses seguintes á resolución da primeira. Os grupos terían dous meses de prazo desde a publicación para presentar as súas candidaturas. A resolución sería dentro dos dous meses seguintes ao pechamento do prazo de admisión de candidaturas.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS