Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

MARM

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) é un Organismo Autónomo, adscrito ao Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM), que ten como misión principal facer que as axudas da Política Agrícola Común (PAC) se apliquen estritamente para lograr os seus obxectivos, chegando de xeito eficaz aos beneficiarios que cumpren cos requisitos establecidos para a súa concesión, dentro dos prazos previstos na normativa reguladora, fomentando unha aplicación homoxénea das axudas da PAC en todo o territorio do Estado.

As axudas da PAC fináncianse con cargo aos fondos europeos agrarios, FEAGA (Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria) e FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural).

A Dirección General de Desarrollo Sostenible del Medio Rural é o organismo de coordinación das autoridades de xestión dos programas de desenvolvemento rural, cofinanciados polo FEADER; realiza a xestión e seguimento do Plan Estratégico Nacional de Desarrollo Rural e do Marco Nacional de Desarrollo Rural; coopera e colabora coas comunidades autónomas e coas entidades ou corporacións relacionadas con estas materias, e elabora as propostas que permitan establecer a posición española perante a Unión Europea e as organizacións internacionais en relación co desenvolvemento rural.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS