Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Desenvolvemento rural >> PDR 2007-2013 >> Axentes do programa >> Organismo pagador
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Organismo pagador FOGGA

O FOGGA constitúese, na Comunidade Autónoma de Galicia, como o organismo pagador dos gastos que leva consigo a execución da política agrícola común con cargo aos fondos FEAGA e FEADER, correspondéndolle a autorización das axudas que xestiona e a execución e contabilización dos pagos de todas as axudas con cargo aos devanditos fondos en Galicia. Mediante a autorización do pagamento establécese a cantidade que, en concepto de axuda, lle debe ser pagada ao solicitante. a execución do pagamento correspóndelle ao Organismo, logo de recibidos os fondos do Tesouro da comunidade Autónoma procedentes do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA).

A través da contabilización do pagamento, o Organismo rexistra os pagamentos e dereitos con cargo aos devanditos fondos. Ademais, correspóndenlle como organismo pagador, as funcións de control interno que aseguren o correcto funcionamento do sistema de pagamentos, a rendición das contas que se remitan á Comisión Europa, as relacións co FEGA e con outros organismos pagadores e a conservación e posta a disposición de toda a documentación e controis relativos ás operacións e pagamentos efectuados.

FOGGA

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS