Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Desenvolvemento rural >> Presentación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Desenvolvemento rural

A Consellería do Medio Rural aposta decididamente por coordinar as diversas actuacións de desenvolvemento rural, co fin de lograr unha política neste eido máis coherente e eficaz.

A política de desenvolvemento rural ten en conta o elevado peso económico e social do sector agrario no conxunto da economía galega, así como a dependencia da actividade agraria dunha ampla parte do espazo rural.

O obxectivo é crear un marco coherente e firme que garanta o futuro do medio rural e contribúa ao mantemento e á creación de emprego.

Acadar estes propósitos pasa por reforzar o sector agrario e o forestal e mellorar a competitividade das zonas rurais, ao tempo que se incentiva un modelo de produción diversificado e respectuoso co medio ambiente.

A Política de Desenvolvemento Rural cofinanciada con fondos comunitarios desenvolverase no período 2007-2013 a través do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, no que se establecen as principais chaves estratéxicas para avanzar na consecución dun obxectivo básico: a viabilidade social e económica das áreas rurais.

AGADER
Ente público da Xunta de Galicia adscrito á Consellaría do Medio Rural, creado co fin de promover e coordinar o desenvolvemento rural de Galicia.
FOGGA
Organismo autónomo de carácter comercial e financeiro que desenvolve as accións necesarias para a aplicación da Política Agraria Común no eido agrícola e gandeiro.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS