Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Beneficios fiscais na agricultura
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Beneficios fiscais na agricultura

O obxectivo fundamental da Lei estatal 19/1995, de 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias foi intentar corrixir os desequilibrios e as deficiencias estructurais que condicionaban a competitividade das explotacións agrarias de cara á liberalización dos mercados e a posibilidade de abrir novas vías para a obtención de rendas complementarias aos profesionais da agricultura.

A insuficidente dimensión  e a inviabilidade economica de moitas explotacións fixo que se propuxeran incentivos fiscais para as adquisicións, sucesións ou doazóns, no caso de constitución ou consolidación de explotacións prioritarias, ao tempo que se contemplaban incentivos especiais na transmisión íntegra das explotacións ou cando se efectuaban en beneficio de agricultores mozos.

A lei establece tamén medidas de fomento á instalación de mozos nas tarefas de dirección e xestión de explotacións prioritarias. Estas medidas contemplan bonificacións fiscais no  Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así como un tratamento específico máis ventaxoso noutras axudas e beneficios fiscais regulados nesta Lei con carácter xeral para os titulares de explotacions prioritarias.

En aplicación da Lei 19/1995 publicóuse o RD 2848/1996, de 5 de decembro  polo que se reducen os dereitos notariais e honorarios dos registradores da propiedade (BOE 18 de 21 de xaneiro).

Outras medidas lexislativas que ofrecen beneficios fiscais a titulares mozos ou a titulares de explotacións prioritarias están recollidas respectivamente na Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, ou no Real Decreto Lexislativo 4/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Imposto de Sociedades.

Máis recentemente publicase o Decreto 98/2007, do 24 de maio, polo que se establece o procedemento para autorizar as permutas voluntarias de predios rústicos para os efectos de solicitar a exención do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Desde o 21 de outubro de 2011 está vixente o Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado (DOG núm. 201 de 20 de outubro). Este Decreto establece as reduccións aplicables ás bases impoñibles ou as exencións dos impostos segundo os feitos impoñibles de que se trate. 

Beneficios fiscais na agricultura (92 Kb) Última actualización 30/04/2012


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS