Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Cota láctea
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Cota láctea

A actual lexislación comunitaria establece a través do Regulamento (CE) 1788/2003 (pdf, 107 Kb) do Consello do 29 de setembro, unha taxa suplementaria no sector do leite e dos produtos lácteos. Este Regulamento, prorroga o réxime de cotas lácteas durante once novos períodos de doce meses, ata o 31 de marzo do ano 2015, a non ser que a Comisión Europea realice unha nova proposta que sexa aprobada por maioría polo Consello Europeo.

O Real decreto 347/2003 (pdf, 107 Kb) do 21 de marzo, regula o sistema de xestión da cota láctea e os tipos e condicións para os movementos de cota entre as explotacións. Este real decreto foi modificado entre outros polo Real decreto 1540/2006 (pdf, 323 Kb) do 15 de decembro, que crea o Banco de cotas lácteas como un instrumento cuxa regulación se integra dentro do propio Real decreto 347/2003 e, a través do cal se poden facer tanto asignacións de cota directas como logo do pagamento.

Distribución cotas 2014-2015 por concellos de Galicia (20 Kb)

Cota láctea

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS