Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común

A Consellería do Medio Rural, na súa intención de favorecer a racionalización do uso dos factores de produción, convoca axudas para acometer proxectos de carácter agropecuario de explotación conxunta polo socios de entidades asociativas, que teñan como obxectivo un marcado carácter innovador ou de introdución de novas tecnoloxías, así como de incorporación de novos procesos ou de obtención de novos produtos que contribúan a diversificar a actividade principal das entidades ou a introducir actuacións de apoio complementarias á actividade dos socios, e que promovan o aumento da rendibilidade económica das explotacións agrogandeiras galegas e a mellora das condicións do traballo.

A convocatoria para o Fomento de instalacións e equipamentos en réxime asociativo foi implementada mediante a Orde do 6 de xullo de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

Beneficiarios
As entidades que decidan solicitar a axuda correspondente deben ser:

  • a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
  • b) Sociedades agrarias de transformación (SAT) titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións.
  • c) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.


Ademais, entre outras cousas, deben xustificar mediante un proxecto de explotación, a necesidade e viabilidade técnico-económica dos investimentos; comprometerse a exercer a actividade agraria durante polo menos cinco anos contados dende a data do pagamento da axuda; cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de ser o caso, non ter a consideración de empresa en crise, ...

Prazo

  • Período de solicitudes: dende o 23 de xullo ata o 22 de agosto de 2016.

Para máis información, diríxase ao Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario.

Links de interese


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS