Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Incorporación de mozos
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Incorporación de mozos á actividade agraria

A Consellería do Medio Rural, na súa intención de favorecer o relevo xeracional e a creación de empresas para agricultores mozos, publica a ORDE do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2017.

Estas axudas están cofinanciadas nun 2,50% pola Administración xeral do Estado, nun 22,50% pola Xunta de Galicia e nun 75% polo fondo Feader.


Beneficiarios

Persoas que no momento de presentar a solicitude da axuda á pri­meira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos os corenta e un anos, e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explota­ción, de xeito individual, como cotitular ou como socio.

Prazo

  • Establécese para o ano 2017 un período de solicitude: dende o 1 de abril ata o 2 de maio de 2017.

Para máis información, diríxase á Oficina Agraria Comarcal máis próxima á súa localidade.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS