Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Mellora da competitividade das explotacións leiteiras
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas

Obxecto
A axuda ten por obxecto á mellora da competitividade das explotacións leiteiras, a través da redución dos custos de produción.

Para elo, os plans de mellora da competitividade suporán unha mellora integral e duradeira da economía da explotación leiteira, orientada cara a estratexias de redución de custos que permitan incrementar a súa competitividade, polo que os investimentos elixibles se destinarán ás seguintes prioridades:

  • A redución dos custos na produción leiteira.
  • A redución dos gastos en enerxía, mediante o aforro e a eficiencia enerxética.
  • A substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables.

Para acadar os obxectivos, as actuacións incluídas nos plans de mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas diríxense ás explotacións que acrediten a súa viabilidade económica, que cumpran as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, nas cales a persoa titular teña a capacidade e competencias profesionais axeitadas.

Beneficiarios
Os beneficiarios deberan ser persoas titulares de explotacións cuia orientación principal sexa o vacún de leite, e estean en activo, cun mínimo de cota ou entregas de leite de 93.883,33 Kg.
Prazos

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 08/01/2014 ao 07/02/2014 (ambos incluídos).
  • Prazo de resolución: Tres meses.
  • Sentido do silencio administrativo: Negativo


Para máis información, diríxase á Oficina Agraria Comarcal máis próxima á súa localidade.

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS