Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Organizacións de produtores de froitas e hortalizas
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Organizacións de produtores de froitas e hortalizas

As Organizacións de Produtores de Froitas e Hortalizas (OPFH) son entidades asociativas con personalidade xurídica propia (Cooperativas, Sociedades Agrarias de Transformación, Sociedades Mercantís) constituídas por produtores de froitas e hortalizas.

Para ser recoñecidas como tales OPFH, estas entidades deben reunir unha serie de requisitos mínimos de valor da produción comercializada, de número de socios,... e deben comprometerse a cumprir determinadas normas en relación coa súa organización, funcionamento e obxectivos.

As OPFH poden acceder a axudas comunitarias para financiar un Programa Operativo que debe ser aprobado para un período de 3 a 5 anos. O Programa Operativo consiste nun Plan de Acción establecido pola OPFH no que descrebe un conxunto de medidas, accións, actuacións e investimentos que pretende executar en cada unha das anualidades (de planificación da produción, mellora ou mantemento da calidade dos produtos, mellora da comercialización, investigación e produción experimental, formación e servizos de asesoramento, prevención e xestión de crise, etc... debendo conter tamén obrigatoriamente medidas dirixidas a obxectivos ambientais).

Normativa reguladora

  • Regulamento Delegado (UE) 2017/891 DA COMISIÓN de 13 de marzo de 2017 polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta aos sectores das froitas e hortalizas e das frutas e hortalizas transformadas, se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo ás sancións que deben aplicarse nestos sectores e se modifica o Regulamento de Execución (UE) nº 543/2011 de la Comisión.
  • Regulamento de Execución (UE) 2017/892 da Comisión, de 13 de marzo de 2017, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello nos sectores das froitas e hortalizas e das froitas e hortalizas transformadas
  • Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os Regulamentos (CEE)nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007.
  • Real Decreto 532/2017, de 26 de maio, polo que se regulan o recoñecemento e o funcionamento das organizacións de produtores do sector de froitas e hortalizas.
  • Real Decreto 533/2017, de 26 de maio, polo que se regulan os fondos e programas operativos das organizacións de produtores do sector de froitas e hortalizas.


Custos específicos


Establécense os custos específicos para as seguintes accións:

  • "7.2 Incorporación ao solo ou colocación sobre o mesmo de restos de poda para mellorar o seu contido en materia orgánica e loitar contra a erosión. (7.2.1). Cultivo de kiwi"
  • "7.4 Realización de abonado en verde mediante leguminosas e outras especies. (7.4.1). Cultivo de horta"
  • "7.18 Utilización de métodos de loita biolóxica e/ou biotecnolóxica, alternativos aos convencionais, utilizados en agricultura convencional, en cultivos hortofrutícolas (7.18.1). Cultivo de horta"
  • "7.28 Utilización na explotación de fío biodegradable ou rafia biodegradable (7.28.1). Cultivos de horta e kiwi"

Custo establecido en estudos realizados por un organismo independente en base ao artigo 31, apartados 2a) e 3, do regulamento Delegado (UE) 2017/891 para fixar os importes a tanto alzado para accións das Directrices Nacionais para a Elaboración dos Pregos de Condicións referentes ás accións medioambientais (versión 1 de xuño de 2017):
Custos específicos (85 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS