Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Pequenas explotacións
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pequenas explotacións

A Consellería do Medio Rural, na súa intención de incrementar a competitividade e a continuidade do tecido agrario, publica a ORDE do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2018.Estas axudas están cofinanciadas nun 7,50% pola Administración xeral do Estado, nun 17,50% pola Xunta de Galicia e nun 75% polo fondo Feader.


Beneficiarios

Pequenas explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia con anterioridade ao 16 de marzo de 2017.Terán a consideración de Pequena explotación aquelas cuxa renda unitaria total (RUT) estea entre os seguintes pará­metros:

  • Mínimo: a renda unitaria de traballo que se obteña será igual ou superior ao 15 % da renda de referencia.
  • Máximo: a renda unitaria de traballo que se obteña será inferior ao 35 % da renda de referencia.

Prazo

  • Establécese para o ano 2018 un período de solicitude: dende o 17 de marzo ata o 16 de abril de 2018.

Para máis información, diríxase á Oficina Agraria Comarcal máis próxima á súa localidade.

Convocatoria 2018


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS