Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Plans de mellora
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Plans de mellora

A Consellería do Medio Rural, na súa intención incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións agrarias mediante a súa modernización, publica a ORDE do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2018.

Estas axudas están cofinanciadas nun 7,50% pola Administración xeral do Estado, nun 17,50% pola Xunta de Galicia e nun 75% polo fondo Feader.
 
Beneficiarios
Titular dunha explotación agraria inscrita, no momento da solicitude, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para os mozos que se instalen nunha explotación de nova creación.

Prazo

  • Establécese para o ano 2018 un período de solicitude: dende o 17 de marzo ata o 16 de abril de 2018.

Para máis información, diríxase á Oficina Agraria Comarcal máis próxima á súa localidade. Consulte os enderezos das oficinas agrarias.

Convocatoria 2018


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS