Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA)
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA)

A Consellería do Medio Rural e do Mar publica o 15 de outubro de 2012 (DOG núm.196) o Decreto 200/2012 (673 Kb), do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Tras a publicación da Lei estatal 35/2011, do 4 de outubro, de titularidade compartida das explotacións agrarias (BOE núm. 240, do 5 de outubro), e transcorridos catro anos desde a promulgación do Decreto 253/2008, fíxose necesario realizar unha serie de modificacións  referentes á  súa organización e funcionamento.

O obxecto deste decreto é organizar e regular o funcionamento do REAGA como instrumento rexistral administrativo de información do sector agro-gandeiro galego, determinar os requisitos para a cualificación das explotacións como prioritarias e establecer o modo de acreditación das restantes explotacións agrarias, así como o de crear unha sección específica para o Rexistro de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto consta dunha parte expositiva, 24 artigos divididos en cinco capítulos, unha disposición adicional única, unha transitoria, unha derrogatoria e dúas derradeiras.

No Capítulo I, de disposicións xerais, establécese o obxecto e ámbito de aplicación deste Decreto, xunto cunha serie de definicións para os efectos do seu desenvolvemento, como son actividade agraria, explotación agraria e elementos que a constitúen, unidade de produción, os diferentes tipos de titularidade da explotación, renda total da persoa titular da explotación, persoa agricultora profesional, persoa agricultora a título principal, unidade de traballo agrario (UTA), renda unitaria de traballo (RUT) e renda de referencia.

Destacar as modificacións introducidas pola Lei 35/2011 de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias na Lei 19/1995, de 4 de xullo, de Modernización das Explotacións Agrarias. (BOE núm.159 do 5de xullo) en canto ás explotacións prioritarias e ao concepto de persoa agricultora profesional.

O Capítulo II, de organización e funcionamento, establece que o Rexistro organízase en tres seccións: Explotacións agrarias prioritarias, Explotacións agrarias de titularidade compartida e Outras explotacións agrarias.  O método de inscrición poderá ser ou ben por petición da persoa titular da explotación ou ben de oficio por parte da Administracion. Estas solicitudes serán resoltas polo director xeral con competencia en produción agropecuaria no prazo de 3 meses. Os artigos 8º e 9º regulan a identificación esixida á persoa titular e ás explotacións para proceder a súa inscrición. Idénticamente, a actualización e a baixa do rexistro poderán ser de oficio ou a petición do titular. Os cambios de sección e as modificacións substanciais que afecten as explotacións deberán ser comunicadas de xeito a poder ser actualizados rexistralmente.

O Capítulo III, relativo á sección de explotacións agrarias prioritarias, establece que para poder ser inscritas deberán cumplir os requisitos dos artigos 4,5, e 6 da Lei 19/1995 de Modernización das Exploacións Agrarias, situación que posibilita a obtención preferente de beneficios, axudas, medidas de fomento, etc. Tal cualificación esixirá posibilitar a ocupación, polo menos, dunha unidade de traballo agrario (UTA) e que a súa renda unitaria do traballo sexa igual ou superior ao 35% da renda de referencia e inferior ao 120% (art. 12).

Os distintos requisitos esixidos segundo os dous casos posibles de explotación prioritaria, que o titular sexa persoa física ou que sexa entidade asociativa, veñen regulados nos art. 14 a 18. O Decreto tamén inclúe como posibles explotacións prioritarias aquelas que radiquen en zonas de montaña de acordo co Regulamento (CE) nº 1698/2005, non podendo acadar o límite de Renta Unitaria de Traballo de 120% e cumprindo ademáis os requisitos do art. 19 segundo a titularidade recaia sobre persoas físicas ou xurídicas.

O Capítulo IV, relativo á sección de Explotacións agrarias de titularidade compartida, establece a creación deste rexistro na nosa Comunidade Autónoma, así como os requisitos das persoas titulares e as características desta entidade sen personalidade xurídica.

Na sección do REAGA denominada Outras explotacións agrarias, do Capítulo V, poderán inscribirse aquelas explotacións que non cumpran os requisitos para ser prioritarias, pero que desenvolvan actividade agraria. Quedan exceptuadas destes requerimentos as explotacións consideradas de autoconsumo.

Lexislación

Nacional

Autonómica

  • Decreto 200/2012 (673 Kb), do 4 de outubro, polo que regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
  • Orde do 22 de xaneiro de 2009 (166 Kb) pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias.
  • Corrección de erros (81 Kb).-Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias.


Procedementos

Outros dcoumentos


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS