Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA) >> Explotacións Agrarias Prioritarias
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Explotacións Agrarias Prioritarias

Segundo a Lei Estatal 19/1995, de 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, modificada pola Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias (BOE 05.10.2011), terán a consideración de explotacións agrarias prioritarias as explotacións que cumplan os seguintes requisitos:

1. EXPLOTACIÓNS FAMILIARES E OUTRAS CUXOS TITULARES SEXAN PERSOAS FÍSICAS

1.1. Explotacions familiares

Requisitos do titular

  • Ter entre 18 e 65 anos.
  • Ser agricultor profesional: Persoa física que sendo titular dunha explotación agraria, como mínimo o 50% da súa renda total a obteña de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25% da súa renda total e o volumen de emprego adicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha Unidade de Traballo Agrario (UTA). No caso de Explotacións agrarias de titularidade compartida (TC) tan só un dos titulares ha de ter a condición de Agricultor Profesional.
  • Posuir capacitación agraria suficiente.
  • Estar dado de alta no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por conta propia ou Autónomos na actividade agraria ou, no seu caso, no Sistema Especial para Traballadores por conta propia agrarios.
  • Residir na comarca da explotación ou limítrofe.


Requisitos da explotación

  • Estar previamente inscrita e actualizada no Rexistro de Explotacións Agrarias.
  • Que posibilite a ocupación alomenos de 1 UTA.
  • Que a RUT que obteña da mesma sexa igual ou superior ao 35 % da Renda de Referencia (RR) e inferior al 120 % desta, sendo a renda de referencia o indicador relativo aos salarios brutos non agrarios en España. No caso de explotacións TC o requisito é de que a RUT non sexa superior a 180% da RR do ano en curso. Nas explotacións de TC non existe límite inferior de 35% da RR.


1.2. Comunidades hereditarias

  • A explotación, e alomenos un dos partícipes na comunidade, debe reunir os requisitos esixidos ás explotacións familiares.
  • Debe existir un pacto de indivisión por un período mínimo de 6 anos a partir da calificación da explotación como prioritaria.



2. EXPLOTACIÓNS ASOCIATIVAS

Requisitos da explotación

  • Estar previamente inscrita e actualizada no Rexistro de Explotaciones Agrarias.
  • Que posibilite a ocupación alomenos de 1 UTA.
  • Que a RUT que obteña da mesma sexa igual ou superior ao 35 % da renda de referencia e inferior al 120 % desta.
  • A forma xurídica da explotación asociativa deberá ser algunha das seguintes:
    • Sociedade cooperativa ou sociedade agraria de transformación.
    • Sociedade civil, laboral ou outra mercantil que no caso de que sexan anónimas, as súas accións deberán ser nominativas, sempre que máis do 50%do capital social, de existir este, pertenza a socios que sexan agricultores profesionais, cuxo obxecto exclusivo sexa o exercicio da actividade agraria na explotación da que sexan titulares.


Deberá, segundo os casos, responder a cualquera destas alternativas:

  • Ser sociedade cooperativa de explotación comunitaria da terra ou de traballo asociado dentro da actividade agraria.
  • Ser sociedade baixo calquera das restantes formas xurídicas e que cumpra algún dos dous requisitos sinalados a continuación:
  • Que polo menos o 50 % dos socios sexan agricultores profesionais.
  • Que os dous terzos dos socios que sexan responsables da xestión e administración, cumpran os requisitos esixidos ao agricultor profesional en canto a dedicación de traballo e procedencia de rendas, referidos á explotación asociativa, e que dous terzos, polo menos, do volume de traballo desenvolvido na explotación sexa achegado por socios que cumpran os requisitos anteriormente sinalados.
  • Ser explotación asociativa que se constitúa agrupando, polo menos, dúas terceiras partes da superficie da explotación baixo un soa linde, sen que a superficie achegada por un só socio supere o 40 % da superficie total da explotación. Nestas explotacións asociativas, polo menos un socio debe ser ATP e cumprir as restantes esixencias establecidas para os titulares de explotacións familiares en canto a capacitación, idade, afiliación á SS e residencia.

Lexislación

Nacional

Autonómica

  • Decreto 200/2012 (673 Kb), do 4 de outubro, polo que regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
  • Orde do 22 de xaneiro de 2009 (166 Kb) pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias.
  • Corrección de erros (81 Kb).-Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias.


Procedementos

Outros dcoumentos


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS