Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación (SATs)
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación (SATs)

As Sociedades Agrarias de Transformación son Sociedades Civís de finalidade económico-social, en orde á produción, transformación e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros ou forestais, realización de melloras no medio rural, promoción e desenvolvemento agrario e prestación de servizos comúns que sirvan a aquela finalidade. As Sociedades Agrarias de Transformación adquiren personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, coa súa inscrición no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia, se este é o seu ámbito territorial.

LIMITACIÓNS

O número mínimo de socios é de tres. Ningún socio pode ter máis dun terzo do capital social.

As persoas xurídicas poden acceder ben como titulares de explotación ou se a persecución de fins agrarios figura nos seus estatutos; neste último caso, non poden ter no seu conxunto máis das metade do capital social

RÉXIME FISCAL DAS SAT

Encóntrase regulado  na disposición transitoria  Primeira de a Ley 20/1990, do 19 de decembro, sobre Réxime Fiscal das Cooperativas, establecendo que as SAT inscritas no Rexistro de tales entidades lles será de aplicación o réxime tributario xeral e, en consecuencia, estará suxeitas ao imposto sobre sociedades.

BENEFICIOS FISCAIS

  • No Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados exención total para os actos de constitución e ampliación de capital.
  • No Imposto sobre Actividades Económicas gozarán dunha bonificación do 95% na cota e recargas correspondentes ás actividades que realicen.

DOCUMENTACION SOCIAL

  • As SAT levarán en orde e ao día os seguintes libros:
  • Libro Rexistro de Socios.
  • Libro de Actas de Xeral, Xunta Reitora e, no seu caso, doutros órganos de goberno aprobados nos seus Estatutos Sociais.
  • Libros de Contabilidade. Obrigatoriamente un Diario e un de Inventario e Balances

CAPITAL SOCIAL E SOCIOS

CAPITAL SOCIAL

Toda Sociedade Agraria de Transformación deberá constituír un capital social formado polo valor das achegas realizadas polos socios, non podendo constituírse se non está subscrito totalmente e desembolsado, polo menos, nun 25% de cada participación.

CONDICIÓNS PARA SER SOCIO

Cumprir calquera dos seguintes requisitos:

  1. Titular de explotación agrario ou forestal, ben como propietario ou como arrendatario. Deberá acreditarse mediante calquera documento admisible en dereito e en caso de arrendamento achegando o contrato previamente liquidado o Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
  2. Traballador autónomo, conta propia ou allea do Réxime Especial Agrario de la Seguridade Social. Acreditarao mediante certificación da Seguridade Social.
  3. Titular de explotación gandeira. Acreditarao coa cartilla gandeira.
  4. Persoa xurídica que persegue fins agrarios ou é titular de explotación agraria.

Deberá achegar estatutos, certificado do acordo do órgano competente para integrarse en la SAT a constituír, achega ao capital social desta e acreditación do representante designado para actuar ante la SAT en constitución

O número mínimo de socios é de tres. Ningún socio pode ter máis dun terzo do capital social. As persoas xurídicas poden acceder ben como titulares de explotación ou se a persecución de fins agrarios figura nos seus estatutos; neste último caso, non poden ter no seu conxunto máis das metade do capital social

OBRIGAS CO REXISTRO

  1. Dentro dos tres primeiros meses seguintes ao peche do seu exercicio deberán remitir a este:
    • Memoria de Actividades.
    • Balance de Situación e Contas de Resultados.
    • Certificación de aprobación das contas anuais por la Asemblea Xeral.
    • Relación de socios existentes nese momento e a súa respectiva participación no capital social
  2. As SAT teñen que mandar ao Rexistro, no prazo de 30 días, certificación literal dos acordos que tomen, en relación cos seguintes aspectos:
    • Renovación ou cambio dos membros da Xunta Reitora (que para ser válida deberá facerse de acordo co establecido nos estatutos).
    • Cambio do domicilio social.
    • Ampliación ou modificación do obxecto social.
    • Altas e baixas dos socios.
    • Ampliación ou redución do seu capital social.
    • Calquera outra modificación que afecte ao contido dos seus estatutos.

NORMATIVA
    
Real Decreto 1776/1981, de 3 de agosto, polo que se aproba o Estatuto que regula as Sociedades Agrarias de Transformación, B.O.E.  nº 194  do 14/08/81 (28 Kb)

Orde do 29 de abril de 1988 sobre a tramitación de Sociedades Agrarias de Transformación (53 Kb)

PROCEDEMENTO

MR324A  -  REXISTRO DE SOCIEDADES AGRARIAS DE TRANSFORMACIÓN

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

CONSTITUCIÓN

1.- Impreso reserva de Nome da SAT (57 Kb)
2.- Instancia solicitude de constitución dunha SAT (55 Kb)
3.1.- Acta fundacional (57 Kb)
3.2.- Anexo a acta fundacional (65 Kb)
4.- Estatutos (72 Kb)
5.1.- Relación alfabética de socios (30 Kb)
5.2.- Título de aportación ao capital social (103 Kb)
6.- Ficha de socio (77 Kb)
8.- Informe valoración achegas non monetarias (28 Kb)
9.1.- Memoria e estudo técnico (54 Kb)
9.2.- Estudio técnico- económico, título (19 Kb)
10.- Obrigas das SAT constituídas (48 Kb)
11.- Requisitos para cubrir documentos (72 Kb)
12.- Taxas (66 Kb)

INCORPORACIÓN DE SOCIOS

1.- Procedemento de alta dun socio (32 Kb)
2.- Copia certificada da acta da asemblea xeral da SAT (39 Kb)
3.- Taxas (60 Kb)


BAIXA DE SOCIOS

1.- Procedemento de baixa dun socio (24 Kb)
2.- Copia certificada da acta da asemblea xeral da SAT (45 Kb)
3.- Taxas (66 Kb)

MODIFICACIÓNS

1.- Copia certificada da acta da asemblea xeral da SAT (45Kb)
2.- Taxas (66 Kb)

DISOLUCIÓNS E CANCELACIÓNS

1.- Procedemento de disolución, liquidación e cancelación (21 Kb)
2.- Copia certificada da acta da asemblea xeral da disolución da SAT (56 Kb)
3.- Copia certificada da acta da asemblea xeral da cancelación da SAT (45 Kb)
4.- Informe e balance final (76 Kb)
5.- Taxas (66 Kb)

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS