Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Viñedo >> Reestruturación do viñedo
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia

A reestruturación e reconversión da viña é unha das medidas acordadas na Política Agrícola Común (PAC), dentro da Organización Común dos Mercados (OCM única), no marco da aplicación do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, que a Consellería do Medio Rural desenvolve ao nivel autonómico, este ano,  mediante a Orde do 27 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2016 (DOG núm. 106, do 6/06/16).

Persoas beneficiarias
As persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a súa produción de uva para vinificación.

Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegaran ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

Obxecto
Regular estas axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia a través de plans (colectivos e individuais) e realizar a súa convocatoria para 2016, en réxime de concorrencia competitiva.

O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.

Bases reguladoras
Esta medida de reestruturación e reconversión das viñas levarase a cabo a través de plans colectivos (mínimo de 5 persoas viticultoras) e/ou individuais, sendo prioritarios os colectivos, ademais doutros criterios de prioridade.

Poderán subvencionarse unha ou varias das seguintes actuacións:

  • reimplantación de viñas
  • reconversión varietal
  • mellora das técnicas de xestión de viñas

Importe

Estas axudas fináncianse completamente pola UE, a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA 100%): 1.500.000 € (ampliables)

2016: 750.000 €,

2017: 375.000 €,

2018: 375.000 €

As axudas poderán ser de:

  • compensación pola perda de ingresos derivada da aplicación do plan (1.290,00 euros/ha e campaña, no seu caso)
  • custos de reestruturación e reconversión da viña (50% dos custos elixibles para os plans colectivos e do 35% para os individuais)

 

Prazo de presentación de solicitudes

1 mes, dende o día seguinte ao de publicación no DOG (nesta convocatoria remata o 6 de xullo de 2016)

Outros datos

  • se prevén anticipos polo 50% da subvención que poderán concederse no caso de investimentos que requiran pagamentos inmediatos
  • coa solicitude achegaranse os orzamentos correspondentes a tres provedores distintos detallando claramente os conceptos polos que se solicita a axuda.
  • se a solicitude inclúe socalcamento achegarase un proxecto ou memoria elaborado por un/ha técnico/a agrario/a


Convocatoria (DOG núm. 106, do 6/06/16) - 1.3 Mb

Extracto da orde - 430 Kb


Relación de persoas beneficiarias e subvencións concedidas
(563 Kb)

Reestructuración do viñedo

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS