Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Viñedo >> Rexistro vitícola
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Rexistro vitícola de Galicia e autorizacións administrativas previas para plantacións de viña

  1. Rexistro vitícola de Galicia (RVG)
    • a ficha vitícola
    • inscrición, baixa e modificación ou actualización de datos do RVG
  2. Plantacións de viñedo (novo réxime de autorizacións para plantacións de vide: 2016-2030)
    • cupo de novas plantacións para 2018
    • variedades de uva de vinificación en Galicia
    • autorización administrativa previa para plantacións de vide para vinificación
  3. Normativa reguladora
    • comunitaria, estatal e autonómica

1. Rexistro vitícola de Galicia (RVG)

O RVG é o instrumento técnico-administrativo esencial para o mellor coñecemento da situación real da viticultura galega, no cal se recollen as informacións obrigatorias do sector vitivinícola e polo tanto deberá manterse con información actualizada e fiable do potencial de produción vitícola de Galicia, correspondéndolles ás persoas viticultoras a responsabilidade da veracidade dos datos declarados ou inscritos nel e no seu caso, das súas modificacións e/ou actualizacións e das posteriores declaracións e/ou solicitudes que realicen.

O dito RVG trata de reflectir a realidade da superficie plantada de viñas e neste senso recolle datos relativos á identificación e localización das explotacións vitícolas, da súa titularidade (persoas viticultoras e propietarias ou as súas agrupacións) e das parcelas de viñedo que as constitúen (referencia catastral e características agronómicas: variedades de vinífera, ano de plantación...).

En síntese, o RVG é un rexistro informático único, de carácter público e natureza técnico-administrativa, no cal se recollen as informacións obrigatorias do sector vitivinícola de Galicia, cunha dobre finalidade:

  • xestión técnico-administrativa das plantacións para seguimento e control da evolución das superficies de viñedo
  • base de datos, como fonte das estatísticas oficiais do sector, en particular do Inventario vitícola de Galicia

Este rexistro está suxeito a cambios nas características estruturais e agronómicas das parcelas de viñedo que integran as explotacións vitícolas e a súa titularidade e polo tanto está permanentemente á disposición das persoas viticultoras para calquera actualización/modificación dos seus datos.

- ficha vitícola
Toda persoa viticultora debe posuír a ficha do rexistro vitícola de Galicia que acredita a súa explotación.

Poderán solicitar calquera aclaración sobre a súa ficha vitícola no servizo de Explotacións Agrarias da súa provincia ou na Oficina Agraria Comarcal correspondente da súa localidade. Así mesmo, poden consultar os seu datos vitícolas electrónicamente, vía internet, a través da oficina agraria virtual do rexistro vitícola de Galicia (OAV/RVG), previa solicitude do seu contrasinal de acceso privado (PIN) nas ditas OAC.

Modelo ficha vitícola (53 Kb)

inscrición, baixa e modificación/actualización de datos do RVG (solicitude procedemento MR447A; sede-e)
Non existe ningún prazo para isto (xanela aberta todo o ano) de xeito que se pode solicitar permanentemente calquera modificación, se é o caso, de datos erróneos ou que cambiasen, tanto de xeito presencial (OAC) como mediante a súa presentación electrónica,vía web (OAV/RVG).

Toda persoa viticultora que o considere necesario presentará unha solicitude de actualización/modificación dos ditos datos para corrixir calquera erro que apareza reflectido na súa ficha vitícola, preferentemente nas Oficinas Agrarias Comarcais (OAC), segundo o modelo publicado como anexo S-I do Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia coa documentación xustificativa que se requira.

As ditas solicitudes para modificar/actualizar os datos do RVG están deseñadas de forma xeral para tramitar:

  • altas e baixas de parcelas e/ou explotacións vitícolas
  • modificación/actualización dos datos das mesmas
  • actualización de transmisións da súa titularidade e/ou propiedade

2. Plantacións de viñedo (novo réxime de autorizacións para plantacións de vide: 2016-2030)  

autorización administrativa previa para plantacións de vide para vinificación

De acordo coa última reforma da Política Agrícola Común (PAC) de 2013, en virtude da cal a nivel da Unión Europea se crea a nova Organización Común do Mercado (OCM única), con relación ao sector vitivinícola mantense a xestión e o control das plantacións de viña ata 2030 evitándose así a liberalización total destas plantacións.

Non obstante, a nova política vitivinícola comunitaria puxo fin ao réxime transitorio dos dereitos de plantación de viñedo que se prorrogara, reforma tras reforma, ata finais de 2015, substituíndose dende o 1/01/2016 ata 31/12/2030 por un novo réxime de plantacións de viña baseado en autorizacións administrativas previa presentación dunha solicitude polas persoas interesadas.

Neste novo contexto, as vides de variedades de uva de vinificación clasificadas (autorizadas) en Galicia poderanse plantar, replantar ou enxertar, consonte ao establecido, únicamente si se concede unha autorización administrativa previa.

Da nova regulación do potencial de produción vitícola e a súa aplicación durante o periodo 2016-2030 hai que destacar un par de novidades trascendentais no referente ás autorizacións de plantación:

  • as novas autorizacións de plantación terán unha validez máxima de tres anos, dende o momento da súa concesión, sen custo para as persoas que as soliciten e ademais serán intransferibles, salvo nos casos de herdanza (por mortis causa ou anticipada) ou fusións e escisións de persoas xurídicas.
  • prevíuse un mecanismo de salvagarda para novas plantacións en virtude do cal todos os anos o Estado membro español debe poñer a disposición do sector un cupo de autorizacións para novas plantacións correspondentes ao 1 % da superficie plantada de viña a nivel nacional aínda que existe a posibilidade de aplicar unha porcentaxe menor a nivel nacional se se xustifica debidamente mediante criterios obxectivos e non discriminatorios.

En todo caso, dende o 1 de xaneiro de 2016 e ata o 31 de decembro de 2030 so se poderán plantar superficies de viña de uva de vinificación previa solicitude dunha autorización de plantación que poderá formalizarse por tres vías diferentes:

  1. solicitude de conversión de dereitos* de plantación en autorizacións (176 Kb)
  2. solicitude de arrinque** e replantación dunha superficie equivalente na propia explotación (177 Kb)
  3. solicitude de nova plantación do cupo*** anual máximo (287 Kb)
  4. **** solicitude para a modificación da localización dunha autorización de plantación (177 Kb)

 

_comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, no caso de copropiedade sobre as parcelas nas que se pretenda solicitar unha autorización para arrincar e/ou plantar viñas
 
_disposición de uso sobre o cultivo da vide, cando a persoa viticultora inscrita no rexistro vitícola non sexa a propietaria das parcelas en cuestión deberá achegar a documentación acreditativa do seu consentimiento para solicitar o dito arrinque e/ou plantación, salvo que xustifique debidamente ante a Consellería do Medio Rural a súa innecesaridade

Nota: estas solicitudes e a documentación necesaria no seu caso adxuntaranse a través da sede electrónica mediante o procedemento PR004A 

PR004A Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado

* Dereitos de plantación válidos, anteriores a 31/12/2015 e que poderán convertirse ata 2020 de tal xeito que as autorizacións concedidas por conversión de dereitos de plantación terán o mesmo periodo de validez que o dereito de plantación de procedencia e como máximo ata 2023


** Para as replantacións cómpre solicitar e obter previamente unha autorización e resolución de arrinca

*** O cupo anual de novas plantaciónes poderase limitar pero non prohibir a decisión do Estado membro que poderá ter en conta as recomendacións das organizacións profesionais (OP) representativas do sector (as Organizacións Interprofesionais (OI), ademais dos órganos xestores das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) que constituen os Consellos Reguladores Vitivinícolas).

**** Poderán realizarse modificacións da localización da superficie para a que se concedera unha autorización, sempre que a nova superficie teña o mismo tamaño en hectáreas e que a autorización siga sendo válida. Para poder levar a cabo unha modificación, a persoa titular da autorización deberá solicitar de forma motivada a dita modificación con anterioridade á realización da plantación.

Por outra parte, poderán establecerse normas tanto para a limitación das novas plantacións (limitacións) como para as replantacións (restriccións) nas zonas dos viños con DOP, baseándose nas recomendacións das ditas OP.

As ditas recomendacións para limitar as novas plantacións deberán precederse dun acordo entre as partes representativas relevantes da zona xeográfica que se trate e xustificarse en base a un estudio que demostre claramente a existencia de:

  • un risco de oferta excesiva de produtos vinícolas en relación coas perspectivas de mercado para isos produtos ou
  • dun rieco de devaluación significativa dunha DOP

De ser o caso, as OP representativas do sector remitirán as súas recomendacións, antes do 1 de novembro do ano anterior ao que se pretenda surtan efectos nas autorizacións concedidas, con toda a información mínima esixible para as limitacións das plantacións (Anexo I.A e Anexo I.B.1) á Consellería do Medio Rural para a súa valoración que remitirá, a mais tardar o 20 de novembro, ao Ministerio de Agricultura (MAPAMA) para a súa decisión que publicará fixando o cupo anual máximo de autorizacións que poderán concederse antes do 15 de xaneiro de cada ano, para que poidan solicitarse polas persons interesadas ata finais de febreiro e resolverse antes do 1 de agosto dese mesmo ano.

No caso de que no ano en que se presenta a solicitude non houbera suficiente superficie dispoñible para todas as solicitudes admisibles aplicaríanse os criterios de prioridade establecidos primándose as persoas mozas novas viticultoras (menores de 41 anos que planten por primeira vez en calidade de xefes/as dunha explotación), co obxectivo de incentivar o relevo xeracional no sector.

Para considerar unha solicitude admisible a persoa solicitante deberá:

_ter a súa disposición en propiedade ou en réxime de arrendamento ou aparcería ou calquera outra forma conforme a dereito que poida demostrar mediante documento liquidado dos correspondentes tributos, a superficie agraria para a que se solicita a autorización onde vai plantar a viña, tanto no momento de presentación da solicitude como no de comunicación final da plantación.

_ter a capacidade e competencia profesionais axeitadas, que se considerará cumprida se a persoa solicitante cumpre á data da presentación da solicitude algunha das seguintes condicións:

  • a) Ter 5 anos de experiencia profesional acreditada (alta na Seguridade Social da actividade agraria, ingresos agrarios, certificado de asistencia a cursos de capacitación agraria cunha duración de 30 horas por cada ano non acreditado)
  • b) Capataz agrícola ou otros títulos académicos de formación profesional agraria, relacionados coa vitivinicultura
  • c) Cursos de instalación á empresa agraria e otros cursos complementarios ≥ 150 h
  • d) Ter concedida á axuda á instalación de agricultores mozos
  • e) Titular de explotación agraria prioritaria antes da apertura do prazo de solicitude

É importante subliñar tamén que estas novas plantacións non son subvencionables ao abeiro das medidas de reestruturación e reconversión da viña, no marco do programa de apoio ao sector vitivinícola (PASVE 2014-2018).

As previsións da Comisión Europea son que o novo sistema de autorizacións para as plantacións de viña contribuirá ao seu uso directo e rápido por parte das persoas viticultoras ás que se lles concedan, evitando a súa especulación por compra-venda ao concederse gratuitamente e ser intransferibles.

Por último subliñar que dada a gran concorrencia competencial existente neste sector, tanto polo nivel de detalle a nivel da Unión como pola súa aplicabilidade directa, ademais do excesivamente exhaustiva que foi a trasposición da última reforma na normativa básica estatal, incluso exclusiva en materia de novas plantacións, faise innecesaria a definición dunha nova política vitivinícola propia, do ámbito autonómico, xa que o novo Real Decreto 772/2017 por el que se regula el potencial de produción vitícola esgota calquera estratexia autonómica ao respecto do incremento das plantacións dando iso sí un especial protagonismo ao propio sector coas súas recomendacións e sempre que se dean determinadas circunstancias; pero, en todo caso, a decisión final é unha competencia que se atribúe en exclusiva o Estado.

 

- novas plantacións para 2018
O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPAMA) fixou en 4.950 hectáreas a superficie que en 2018 poderá concederse de autorizacións para novas plantacións en España o que equivale ao 0,52% do total da superficie plantada actualmente a nivel nacional e o dito cupo supón manter o mesmo ritmo de crecemento de novas plantacións que na campaña anterior.

O prazo para solicitar estas novas plantacións de viñedo permanecerá aberto dende o 15 de xaneiro ata o 28 de febreiro.

As solicitudes presentaranse consonte o modelo do anexo II do Real Decreto 772/2017 polo que se regula o potencial de produción vitícola.

No caso necesario darase prioridade para a concesión de autorizacións de plantación ás persoas mozas novas viticultoras (menores de 41 anos que non conten con viña ao seu nome e planten en calidade de xefes/as de la explotación).

Tamén no caso necesario priorizarase o bo comportamento previo da persoa solicitante en cuanto a non ter viñas abandonadas nin por suposto superficies ilegais o plantadas sin autorización.

Así mesmo, se inclúe un novo criterio de prioridade para as solicitudes de autorizacións de nova plantación consistente en priorizar aquelas superficies de nova plantación no marco do incremento do tamaño das “pemex” de acordo coa tipoloxía e puntuación asinada pola comunidad autónoma para os seguintes umbrais de tamaño:

 

Tipos de “pemex”, pequenas e medianas explotacións agrarias da Comunidad Autónoma de Galicia

Umbrais de tamaño en hectáreas
 (ha)
Explotación tipo AExplotación tipo BExplotación tipo CExplotación tipo D
≥0,5 a ≤ 1,07>1,07 a ≤ 2,13>2,13 a ≤ 3,20>3,20 a ≤ 4,77
Puntuación asinada4321

Este novo criterio permitirá que se reduza o número de solicitudes admitidas parcialmente.

Non obstante, compre lembrar que ao tratarase de novas plantacións non son subvencionables dentro das medidas de reestruturación e reconversión da viña.

Por outra parte, as persoas beneficiarias que no utilicen as autorizacións que se lles concedesen durante o seu periodo de validez (máximo de tres anos), incurrirán nunha infracción e estarán suxeitas ao réximen de sancións previsto na lei da viña e do viño.

 

- Folleto e video divulgativos do novo réxime de plantacións de viña:

Ir ao MAPAMA

Tríptico - Como podo plantar viñedo? (3.8 Mb)

 

- variedades de uva de vinificación
A normativa comunitaria establece que para a elaboración de viño só se poderá plantar, replantar ou enxertar coas variedades de uva de vinificación que estean clasificadas para os respectivos territorios.

Na clasificación de variedades de uva de vinificación deberá terse en conta que a variedade pertenza á especie Vitis vinífera ou proceda do cruzamento de Vitis vinífera e outras especies do xénero Vitis pero que non sexa ningunha das seis seguintes: Noah, Othello, Isabelle, Jacquez, Clinton e Hebermont.

A normativa estatal recompila a listaxe das variedades clasificadas como autorizadas polas comunidades autónomas (BOE núm 180, do 29 de xullo de 2017, páx 70543) e pola súa parte, ao nivel das viníferas galegas, a dita clasificación recóllese consonte ao anexo S:VII do Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia (clasificación das viníferas de Galicia)

3. Normativa reguladora

Dada a multitude de intereses que interveñen con relación ao sector viti­vinícola comunitario, tanto desde o punto de vista do cultivo da vide (viticultura) como da produción de viños e alcohois (vinicultura), a súa lexislación (OCM Única) é motivo permanente de reforma, tanto da regulamentación comunitaria como da normativa básica estatal e a autonómica, así mesmo pola importante concorrencia competencial existente nesta materia.

Nas seguintes ligazóns poden consultarse as principais disposicións de aplicación en materia do potencial de produción vitícola, no que atinxe ao rexistro vitícola e ao novo réxime de autorizacións para plantacións de vide:

 Regulamentación comunitaria:

OCM ÚNICA: Regulamento (UE) Nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os Regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007.

Regulamento (UE) 2017/2393 do Parlamento Europeo e do Consello de 13 de decembro de 2017.

Regulamento Delegado (UE) 2018/273  da Comisión de 11 de decembro de 2017 polo que se completa a OCM única con relación ao sector vitivinícola.

Regulamento de Execución (UE) 2018/274, da Comisión de 11 de decembre de 2017 polo que se establecen as normas de desenvolvemento da OCM única con relación ao sector vitivinícola.

Regulamento (CE) nº 555/2008 da Comisión, do 27 de xuño de 2008, polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, no relativo aos programas de apoio, o comercio con terceiros países, o potencial produtivo e os controis no sector vitivinícola.

Regulamentación estatal:

Real Decreto 772/2017, de 28 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola

Correción de erros do Real Decreto 772/2017

Real Decreto 739/2015, sobre declaracións obrigatorias no sector vitivinícola

Lei 24/2003 do 10 de xullo, da viña e do viño (tácitamente derrogada salvo no que non contradiga á nova OCM única con relación ao sector vitivinícola)

Resolución de 27 de enero de 2016 polo que se fixa a superficie para novas plantacións de 2016

Resolución  de 24 de xaneiro de 2017 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2017

Resolución de 27 de decembro de 2017 pola que se fixa a superficie para novas plantacións en 2018

Directrices para a aplicación do réxime de autorizacións de plantacións de viñedo

Regulamentación autonómica:

Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia (tácitamente derrogado salvo no que non contradiga á nova OCM única con relación ao sector vitivinícola)

 

Rexistro vitícola

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS