Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Incendios forestais >> Convenios de prevención e defensa con entidades locais
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Convenios de prevención e defensa con entidades locais

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola disposición derradeira primeira da Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes establece as medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume e que sirvan así mesmo para a posta en valor da potencialidade produtiva, ecolóxica e social do monte galego como base do desenvolvemento sustentable do medio rural.

Así, no artigo 8 establece que as administracións públicas de Galicia colaborarán entre si e cooperarán nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais, achegando os medios materiais, económicos e humanos á súa disposición.

Tamén no seu artigo 59 establece que a Xunta de Galicia colaborará coas entidades locais para a prevención e a extinción de incendios, ben a través de medios propios ben por medio de mecanismos de apoio económico. A tal efecto incluirase nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dotacións económicas para o asinamento de convenios de colaboración cos concellos para a redacción dos plans municipais de prevención e defensa contra incendios forestais nos termos establecidos no artigo 16 e para a realización de traballos preventivos nas vías e montes de titularidade municipal e na xestión da biomasa das parcelas de propietario descoñecido, determinadas en análises da propiedade de conformidade co establecido no artigo 16.2, e co fin de que poidan ter recursos para exerceren as competencias previstas nela consonte o artigo 331.1 da Lei 5/1997, do 5 de agosto, de Administración local de Galicia.

Polo que a Consellería do Medio Rural no marco descrito asinou, coa grande maioría das entidades locais de Galicia, un convenio de colaboración para para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) que inclúe algunha/s das seguintes accións:

  • Participación na defensa contra incendios forestais mediante a actuación de vehículos motobomba de propiedade municipal.
  • A realización de tratamentos preventivos de xeito mecanizado.
  • A contratación de brigadas para o desenvolvemento de labores de vixilancia e defensa e para a realización de traballos de prevención de forma manual.

A Consellería do Medio Rural achega un conxunto de modelos de carácter unicamente orientativo á fin de facilitar, dun xeito harmonizado, a xustificación de dito convenio de colaboración:

  1. Programa de actuacións (170 Kb)
  2. Aprobación do Programa de actuacións (170 Kb)
  3. Comunicación de inicio do Programa de actuacións (170 Kb)
  4. Prazo de operatividade dos medios (170 Kb)
  5. Xustificacións final do convenio (170 Kb)
  6. Declaración de non existencia de débedas (170 Kb)
  7. Xustificación do pagamento final (motobomba – persoal) (177 Kb)
  8. Xustificación do pagamento final (motobomba – outros gastos)(175 Kb)
  9. Xustificación do pagamento final (persoal brigadas) (180 Kb)
  10. Xustificación do pagamento final (brigadas vixilancia e defensa – outros gastos) (175 Kb)
  11. Xustificación do pagamento final (brigadas prevención de incendios – outros gastos) (175 Kb)
  12. Xustificación do pagamento final (persoal tratamentos preventivos) (175 Kb)
  13. Xustificación do pagamento final (outros gastos) (175 Kb)
  14. Memoria económica de actuacións preventivas (170 Kb)
  15. Memoria xustificativa de actuacións preventivas (175 Kb)
  16. Declaración doutras axudas (170 Kb)
  17. Declaración ive non deducible (170 Kb)


Calquera dúbida. Teléfonos de atención: 981540333 - 981546067 - 981546059


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS