Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Proxectos de ordenación, documentos simples e documentos compartidos de xestión

1º.- Introdución de datos no programa XORFOR ( Art. 12.5 Decreto 52/2014)

Co obxectivo de fixar unhas directrices homoxéneas no referente á  estrutura e contidos mínimos establecidos nos correspondentes anexos VI, VII e VIII do Decreto 52/2014 dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal; dende a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal implementouse un programa informático (XORFOR: XESTION E ORDENACIÓN FORESTAL), así como a  codificación do modelo de datos e da información alfanumérica asociada ás táboas de datos e cartografía dixital ( Manual de Cartografía dipoñible na aplicació ).

Acceso á aplicación XORFOR a través da Oficina Agraria Virtual

A partir do 17 de abril o acceso á aplicación XORFOR farase con Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)  ou certifícado electrónico e non cos datos da Oficina Agraria Virtual como ata agora.

Para calquera dúbida de acceso á Oficina Agraria Virtual consultar a seguinte páxina: http://mediorural.xunta.gal/institucional/oficina_virtual/oficina_virtual/

 

2º.- Presentación do modelo de solicitude MR627A/ MR627B/ MR627C

Unha vez  introducidos e validados os datos por parte do personal técnico en materia forestal xenérase no programa, de xeito automático , un informe resumo asignándoselle un expediente unívoco. Este resumo deberá ser asinado e presentarse coa documentación complementaria na solicitude de aprobación do proxecto de ordenación ou do documento simple ou compartido de xestión forestal.
 
Para unha maior axilidade na tramitación recoméndase a presentación da solicitude vía sede electrónica  https://sede.xunta.es/portada


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS