Plan Forestal de Galicia
O Plan Forestal de Galicia (PFG) do ano 1992 foi un documento básico que estableceu un modelo forestal a longo prazo co fin de manter una coherencia nas intervención no monte e nos sectores derivados. En especial, o plan sinalaba as liñas de acción da Administración da Comunidade Autónoma neste ámbito e as de participación dos axentes sociais involucrados.
Os obxectivos que establecía este plan poderíanse resumir do seguinte xeito:
- Dotación dunha rede de espazos sensíbeis que satisfixera as demandas de conservación e recuperación do patrimonio natural e dos bosques autóctonos mediante o incremento do patrimonio forestal público.
- Conseguir unha cultura forestal na sociedade galega acorde coa importancia estratéxica do monte e do sector forestal, baseada a un tempo en fundamentos científicos e profesionais.
- Fomentar unha silvicultura profesionalizada como base indispensable para o aproveitamento integral dos recursos forestais e asegurar a súa renovación.
- Ter en conta a necesaria transformación e mellora das estruturas produtivas, co fin de que a dispersión e pequena dimensión actual das parcelas e das explotación, así como o alto número de propietarios e carencia de infraestruturas básica non impida unha produción estable e competitiva dos montes.
- O incremento da produción e calidade das madeiras pola dobre vía: ampliando as superficies arboradas, principalmente en terras ocupadas polo mato pero tendo en conta as necesidades de expansión das producións agrogandeiras, e doutra banda mellorando as calidades das masas arboradas a través da ordenación forestal e tratamentos silvícolas.
- Os montes de xestión pública nos que predomine a función económica o obxectivo principal será a produción de madeira de calidade
- Promover un tecido de empresas e industrias forestais que elaboren todos os produtos do monte, compitan nos mercados internacionais e acheguen o maior valor engadido aos nosos recursos.
- Integrar aos diferentes axentes do sector forestal mediante o apoio ás súas organizacións profesionais.
- Establecemento dunha Administración forestal con servizos comarcalizados de xestión e con competencias acordes coa nova dimensión do sector.
- Desenvolver un sistema de formación e de ensinanzas forestais que satisfaga as demandas de especialistas dos diferentes ámbitos forestais, establecendo os niveis medio e superior de ensino das diversas especialidades.
- Fortalecer e complementar o sistema de investigación forestal de Galicia como elemento clave do desenvolvemento do sector, desenrolando programas de investigación e transferenza tecnolóxica.
Máis información no documento de síntese (35 Mb)
Tras máis de 20 anos, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia desenvolveu nos seus artigos 72 e 73 as pautas para a elaboración ou revisión dun novo Plan Forestal de Galicia.
O Consello Forestal de Galicia acordou no ano 2014 crear un grupo de traballo. Este grupo nacía para dar resposta á demanda da sociedade galega á fin de que se acordase o modelo de monte que se desexa para Galicia no futuro e dito modelo servise de guía na elaboración da revisión do Plan Forestal de Galicia.
A metodoloxía empregada tivo como principal obxecto establecer as ditas directrices de revisión a través dun proceso participativo, cun enfoque integrado de monte e de forma consensuada por todos os axentes relacionados co monte. Debían ser eles os que finalmente presentasen ao Consello Forestal de Galicia as directrices elaboradas, debendo ditas directrices servir de guía á Xunta de Galicia na redacción da revisión do Plan Forestal para Galicia.
En decembro de 2015 o grupo de traballo finalizaba o seu traballo e:
- Aprobaba o texto das Directricespor consenso coaabstención do representante de Amigos da terrae concluíndose que estedocumento debe considerarse como o resultado dolabor do grupo de traballo noseu conxunto.
- Acordaba unha serie de recomendacións á Xunta de Galicia para a redacción da revisión do Plan.
- Finalmente, na súa última xuntanza, aceptábase a proposta de que a documentación elaborada no grupo de traballo (composición do grupo de traballo, normas de funcionamento do grupo, documento de directrices, recomendacións á Xunta de Galicia para ter en conta na redacción do Plan, as actas de traballo, informes-resumo da contestación dos bloques das enquisas dadas polos compoñentes do grupo de traballo..) se fixeran públicas en formato aberto e totalmente dispoñibles por calquera cidadán,á fin de dotar o traballo e resultados do grupo da máxima transparenza e difusión.
En cumprimento de dito acordo, se presenta a seguinte documentación:
- Composición do grupo de traballo para a elaboración das Directrices que servirán para revisión do Plan Forestal de Galicia (278 Kb)
- Normas aprobadas de organización e funcionamento do grupo de traballo (443 Kb)
- Informe gráfico dos resultados da enquisa respostada polo grupo de traballo (9.3 Mb)
- Actas aprobadas de todas as xuntanzas do grupo de traballo (700Kb)
- Proposta final de Directrices para a revisión do Plan Forestal de Galicia (14 Mb)
- Recomendacións á Xunta de Galicia para a revisión do Plan Forestal De Galicia (190Kb)
1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia
Versión en galego
Versión en castellano