Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Ordenación >> SOFOR
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR)

As Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) nacen como figuras societarias que favorecen a xestión conxunta e viable do monte galego por parte dos propietarios forestais, de maneira voluntaria, con normas claras e garantía xurídica plena para todos os axentes implicados.

A Consellería do Medio Rural, creará un Rexistro de sociedades de fomento forestal que inclúa as sociedades creadas.

Serán consideradas como Sociedades de Fomento Forestal as sociedades mercantís que asocian a titulares de dereitos de uso de parcelas susceptibles de aproveitamento forestal, que ceden os seus dereitos á sociedade, podendo asociar tamén a outras persoas físicas ou xurídicas e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter a forma xurídica de sociedade de responsabilidade limitada, de acordo co estipulado pola Lei 2/1995, de 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada, e pola demais lexislación de carácter mercantil que lles resulte de aplicación.
  • Ter o seu domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Acreditar o cumprimento dos requisitos.
  • Acreditar a cualificación de Sociedade de Fomento Forestal do Rexistro    de Sociedades de Fomento Forestal.

Ver vídeo

Folleto de presentación (310 Kb)

Decreto 45/2011, do 10 de marzo (133 Kb)

Modelo orientativo de estatutos de SOFOR (170 Kb)

Manual SOFOR

Consultas frecuentes

Díptico "o monte pode axudarte" (100 Kb)

Tríptico "xuntos podemos facer mais" (110 Kb)

 

Estudos técnicos de viabilidade

Os alumnos da asignatura de planificación forestal de 5º curso de Enxeñaría de Montes da Escola Politécnica Superior de Lugo da USC, como parte práctica da asignatura, elaboraron durante o curso 2012-2013 estudos técnicos de viabilidade de varias Sofor. Os resultados resumidos destes estudos poden consultarse a continuación:

Biobra - Rubiá (11 Mb)

Chao de Irixe - Monterroso (8.5 Mb)

Domiz - Carballeda de Valdeorras (4.5 Mb)

Grolos - Guntín (6.6 Mb)

O Avó de Chain - Viveiro (600 Kb)

Xallas - Negreira (7 Mb)

Souto de Vilar - Vilar (2 Mb)

 

Formación 

Cursos (duración: 8 horas)

Inscrición

Por motivos alleos a Dirección Xeral de Montes o curso previsto nas datas 17 e 18 de outubro, tivo que ser aprazado ás novas data do 24 e 25 de outubro. Consultar calendario.

Calendario Actualizado a 19/10/2011 (6 Kb)

Documentación:

 

Cursos (duración: 4 horas)

Calendario  (7 Kb)

Documentación:

 

Seminarios (duración: 2 horas)

Calendario seminarios (8 Kb)

Documentación seminario:

 

 

 

 

Facer/Ver consultas


Contacto :  
DIRECCIÓN XERAL DE MONTES
981-546577
981-546107
981-546109


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS