Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

O Programa Operativo componse de obxectivos temáticos que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de acción que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse o 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón.

A Dirección Xeral de Ordenación Forestal desenvolve unha actuación dentro do marco do obxectivo específico que se detalla a continuación:

Obxectivo Temático

05

Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos

Prioridade de Investimento

05.02

Fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes

Obxectivo Específico

05.02.01

Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo Protección Civil

Actuación CPSO

5.2.1.1

Renovación da frota de vehículos motobomba contra os incendios forestais

De conformidade co anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no apartado 2.2.2,a) a Dirección Xeral informará ao público do apoio obtido dos Fondos FEDER no seu sitio de internet. En cumprimento do citado regulamento a continuación recóllense nunhas fichas as actuacións  financiadas cos ditos fondos europeos.

O beneficiario, durante a realización dunha operación, informará ao público do apoio obtido dos Fondos facendo unha breve descrición da operación no seu sitio de internet, de maneira proporcional ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

Documento/s relacionados

  • Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 Descargar

ACTUACIÓN 5.2.1.1: RENOVACIÓN DA FROTA DE VEHÍCULOS MOTOBOMBA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS (ANO 2017)

Esta actuación encádrase no obxectivo específico OE 05.02.01, co que se pretende reducir os danos causados pola sinistralidade ligada a emerxencias climáticas e incendios.

Durante o ano 2017, no marco da dita actuación e a través da licitación do expediente 25/2016 – Subministración de doce (12) vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra os incendios forestais, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo Feder 2014-2020 (6/16-I) - adquiríronse 12 novos vehículos co fin renovar a frota da Xunta de Galicia por un importe total de 2.538.720,36 €, dos que o 80 % é axuda FEDER e o 20 % aportación da Xunta de Galicia.

Os novos vehículos están dotados de melloras técnicas e tecnolóxicas que os fan máis eficientes, máis respectuosos con medio ambiente e máis seguros.

A ligazón do procedemento de contratación é a seguinte:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=27416

A ligazón á nota de prensa publicada na sala de comunicación da Xunta de Galicia é a seguinte:

https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/060937/medio-rural-reforza-loita-contra-incendios-coa-entrega-12-novas-motobombas-aos

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS