Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Presentación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Forestal

Dende a Consellería do Medio Rural apóstase polo aproveitamento do potencial do sector forestal galego artellado sobre tres grandes piares.

O primeiro deles, asentado na reordenación dos usos e actividades no rural, impulsa ademais a posta en valor do territorio e do monte para facelo máis produtivo e proveitoso.

O segundo fundaméntase na xestión forestal sustentable e de calidade que aproveita a riqueza diversa do monte.

O terceiro, relacionado cos dous anteriores e imprescindible para que se poidan cumplir, baséase no obxectivo de conseguir reducir significativamente o número de incendios forestais, a través de políticas de prevención e de valorización.

Galicia é unha das máis importantes potencias forestais de Europa, cunha superficie forestal arborada de máis de 1.400.000 hectáreas, o que representa o 48% de toda o territorio. Delas, máis de 120.000 corresponden a superficie forestal certificada, o que a coloca á fronte do Estado en canto a xestión forestal sustentable.

O desenvolvemento rural da nosa Comunidade Autónoma pasa ineludiblemente polo compromiso cunha xestión que valorice o noso potencial forestal dende o punto de vista socioeconómico e ambiental.

A xestión forestal que garantice a multifuncionalidade do monte galego, tense que desenvolver dun xeito respetuoso co medio ambiente, procurar a rendibilidade económica e social beneficiosa e, ademais, marcar o camiño do futuro dos nosos bosques.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS