Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Produción e industrias >> Mesa da madeira
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Mesa da madeira

A Consellería de Medio Rural crea a Mesa da Madeira co obxectivo de impulsar o sector forestal e fomentar o seu papel no desenvolvemento rural, mellorar a rendibilidade e establecer un marco estable de diálogo e intercambio de opinións.

Esta Mesa busca a máxima representación de todos os axentes implicados no ámbito forestal co obxectivo de que se poñan en común e se teñan en conta todos os puntos de vista posibles, acolle a representantes de todas as partes e conta con grupos de traballo específicos para afrontar de xeito operativo cada unha das iniciativas e problemas que se presenten.

A Consellería do Medio Rural propón as liñas básicas de traballo da Mesa Galega da Madeira co obxecto de acadar que o sector forestal xogue un papel fundamental no desenvolvemento rural. Neste sentido, pon en marcha iniciativas enfocadas, por unha banda, a fomentar a mellora na produción e, por outra, destinadas ás industrias. No referente á produción, trátase de impulsar a formación forestal dos silvicultores e establecer un marco normalizado para os programas de mellora xenética, comercialización, produción da semente e control da sanidade. En canto ás industrias, incentívase a actuación na procura do peche de ciclos económicos de produtos madeireiros ao tempo que se potencian as relacións entre produtores forestais e empresas de servizos e transformación.

Declaración da Mesa da Madeira Lugo 2008 (17 KB)

 Composición da Mesa da Madeira

Administración:

  • Conselleiro do Medio Rural
  • Director Xeral de Montes e Industrias Forestais
  • Subdirector Xeral de Recursos Forestais
  • Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
  • Director do Cis - Madeira

Industria:

  • 1 representante do Clúster da Madeira
  • 3 representantes de Monte - Industria
  • 3 representantes de Fearmaga

Propietarios:

  • 1 representante da Asociación Forestal de Galicia
  • 1 representante da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común
  • 1 representante de Silvanus
  • 1 representante de Asefoga
  • 1 representante de Afrifoga
  • 1 representante de Frouma
  • 1 representante de Promafe

Outros:

  • 1 representante das asociacións de empresas de servizos (Serfoga, Asemfo-Galicia)
  • 1 experto técnico

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS