Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Silvicultura >> Actuacións
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Actuacións

A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais realiza traballos de acondicionamento de pistas co obxectivo de manter a rede viaria nas condicións axeitadas para facilitar o acceso para a defensa contra os incendios forestais. O obxectivo destas obras é mitigar os efectos causados polas inclemencias meteorolóxicas, o natural desgaste producido polo paso do tempo e polo uso frecuente das pistas. Ao mesmo tempo, estas intervencións facilitan o aproveitamento dos recursos que ofrecen os montes no relacionado coa compatibilidade dos usos social, económico, produtivo e ambiental.

Desenvolve, ademais, tratamentos silvícolas e reforestacións de zonas degradadas para garantir unha meirande resistencia do monte ante o lume. A finalidade dos tratamentos silvícolas, consistentes en podas, rareos e reforestacións, proporciónanlle á masa forestal a densidade axeitada para favorecer que as árbores dispoñan de espazo, luz, auga e nutrientes precisos para aguantar posibles agresións externas e incendios. A eliminación da materia seca incrementa a insolación necesaria para a floración e a rexeneración da masa forestal, co que se favorece a proliferación do sotobosque para crear estruturas vexetais cunha maior biodiversidade.

Actuacións

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS