Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Xestión sostible >> Biomasa
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Aproveitamento enerxético da biomasa

A biomasa é unha fonte de enerxía renovable que se compón da materia viva producida polas plantas, árbores, animais, fungos ou bacterias. Aínda que ten sido aproveitada dende que o home utiliza o lume, a consideración actual da biomasa como fonte de enerxía limpa faise dende unha nova perspectiva.

Unha parte do combustible utilizado na produción desta enerxía procede de materiais residuais que é preciso eliminar: restos de operacións selvícolas, matogueira e subprodutos derivados da primeira transformación da madeira. O aproveitamento enerxético permite converter un residuo nun recurso. No caso da matogueira, ao tempo que se elimina material inflamable -acelerador dos incendios forestais- apórtaselle á masa forestal a densidade axeitada para favorecer que as árbores dispoñan de espazo, luz e auga.

A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais incentiva o aproveitamento da bioenerxía, xa que contribúe á creación de emprego e beneficia o desenvolvemento económico do medio rural porque está baseada nun recurso disperso no territorio. Abre a posibilidade de substituír cultivos excedentarios no mercado de alimentos por cultivos enerxéticos, ofrecendo novas oportunidades ao sector agrícola, e supón unha área importante de innovación tecnolóxica.

A tecnoloxía para a explotación desta fonte de enerxía está desenvolvida dabondo como para ser xa unha realidade e unha alternativa a outras non renovables ou, cando menos, diminuír a dependencia destas últimas. En canto á incidencia no medio ambiente, hai que salientar a ausencia de contaminantes sulfurados ou nitroxenados e a practicamente nula presenza de partículas sólidas nas emisións.

Normativa

Estatal

Real Decreto 1264/2005 (pdf, 265 Kb), do 21 de outubro, polo que se regula a organización e o funcionamento do Rexistro nacional de dereitos de emisión

Orde 98/2005 (pdf, 58 Kb), do 13 de xaneiro, da consellería de economía e innovación tecnolóxica, pola que se regula a concesión de axudas para a promoción das enerxías renovables e do aforro e a eficiencia enerxética para o período 2005-2007. BOCM 14, de 18-01-05

Corrección de erros Real Decreto 436/2004 (pdf, 111 kb), do 12 de marzo, polo que se establece a metodoloxía para a actualización e sistematización do réxime xurídico e económico da actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial

Real Decreto 436/2004 (pdf, 180 Kb), do 12 de marzo, polo que se establece a metodoloxía para a actualización e sistematización do réxime xurídico e económico da actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial

Orde PRE/472/2004 (pdf, 25 kb), do 24 de febreiro, pola que se crea a Comisión Interministerial para o aproveitamento enerxético da biomasa

Resolución do 6 de marzo de 2002 (pdf, 58 kb), da Secretaría de Estado de Política Científica e Tecnolóxica, pola que se dá publicidade ao Protocolo Xeral de Acordo Marco de Colaboración subscrito entre o Instituto para a Diversificación e aforro da Enerxía e a Comunidade Autónoma de Aragón, para a promoción do desenvolvemento das enerxías renovables e da eficiencia enerxética, no marco do Plan de Fomento das enerxías renovables

Real Decreto 2818/1998 (pdf, 98 Kb), do 23 de decembro de 1998, do Ministerio de Industria e Enerxía, sobre produción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeneración

Comunitaria

Regulamento (CE) no 1698/2005 (pdf, 234 Kb) do Consello, de 20 de Setembro de 2005, relativo ao apoio ao desenvolvemento rural polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)

A cota das enerxías renovables na UE (pdf, 356 Kb). Comunicación da Comisión ao Consello e ao Parlamento europeo

Directiva 2003/87/CE (pdf, 484 Kb) do Parlamento Europeo e do Consello do 13 de outubro de 2003, pola que se establece un réxime para o comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro na Comunidade e pola que se modifica a Directiva 96/61/CE do Consello

Proposta modificada de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello relativa ao fomento do uso de biocarburantes no transporte (117 Kb)

Directiva 2001/77/CE (pdf, 87 Kb) do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de setembro de 2001, relativa á promoción da electricidade xerada a partir de fontes de enerxía renovables no mercado interior da electricidade

Aplicación da estratexia e do plan de acción comunitarios sobre fontes de enerxía renovables (pdf, 313 Kb). Comunicación da Comisión ao Consello, ao Parlamento europeo, ao Comité económico e social e ao Comité das rexións. (1998-2000)

Directiva 2003/96/CE (pdf, 207 Kb) do Consello do 27 de outubro de 2003 pola que se reestrutura o réxime comunitario de imposición dos produtos enerxéticos e da electricidade

Biomasa

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS