Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Xestión sostible >> Boas prácticas
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Boas prácticas forestais

Prácticas habituais de actuación que aplica un silvicultor responsable na zona na que exerce a súa actividade.

Serven como marco de referencia para o desenvolvemento dunha Xestión Forestal Sustentable compatible co medio ambiente, acorde cun uso racional dos recursos forestais.

Establécense como recomendacións xenéricas o grupo de accións ou actuacións que deberá realizar o conxunto dos axentes involucrados na xestión forestal para satisfacer os criterios e indicadores de sustentabilidade descritos na Norma UNE 162002-1 de Xestión Forestal Sustentable.

En función do obxectivo, distínguense tres axentes principais:

  • Xestor forestal: persoa física ou xurídica responsable das operacións de xestión do recurso e da empresa forestal, así como do sistema e estrutura de xestión, da planificación e dos traballos de campo. Neste caso a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais pertencente á Consellería do Medio Rural.
  • Empresas de servizos forestais: aquelas empresas cuxas actividades se centran na execución de proxectos, obras e servizos para a conservación, protección e mellora do medio natural tales como as repoboacións, reposición de marras, desbroces, podas, clareos, tratamentos fitosanitarios, fertilizacións...
  • Empresas de aproveitamento forestal: aquelas empresas que teñen por actividade básica a compra de madeira ao propietario forestal, a súa corta, preparación, clasificación e distribución entre as distintas industrias responsables da transformación.
Boas prácticas

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS