Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Apicultura
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Apicultura

A Consellería do Medio Rural incentiva a mellora das condicións de produción e comercialización dos produtos da apicultura. Con este obxectivo estanse a desenvolver unha serie de programas de asistencia técnica, sanitaria, de análise do mel, de repoboación da cabana apícola e de racionalización da transhumancia.

Priorízanse os programas sanitarios de loita contra a varroase, fomentando os presentados por agrupacións de defensa sanitaria apícola que representen un maior número de colmeas e os que teñan un maior ámbito territorial. Estes programas inciden na mellora das condicións de tratamento da enfermidade facilitando a distribución de produtos autorizados para combater a doenza e a renovación dos materiais de cría.

Estanse desenvolvendo tamén proxectos para garantir a asistencia técnica mediante programas de formación (cursos, publicacións e material didáctico, entre outros), de calidade do mel e subscrición de seguros. Entre as medidas de apoio para o estudo do mel están a subvención de servizos de análise por organizacións apícolas e o contrato con laboratorios para a detección de doenzas e o control do mel. No referente ás axudas á racionalización da transhumancia e á repoboación da cabana apícola préstase especial atencións ás explotacións de carácter profesional.

Apicultura

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS