Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Apicultura >> Calidade - Mel de Galicia
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

C.R.I.X.P. "Mel de Galicia"

Produto protexido
O patrimonio etnográfico de Galicia conserva testemuñas da importancia da apicultura no noso territorio. É o caso de construcións tradicionais como as alvarizas ou colmeas como os trobos e cortizos. O produto alimenticio máis importante da apicultura galega é o mel, amparado pola I.X.P. Mel de Galicia.

Este mel procede de colmeas mobilistas e obtense por decantación ou centrifugación. O mel preséntase ao consumidor en estado líquido ou sólido (cristalizado ou cremoso) conservando tódalas súas propiedades naturais.

Orixe
A zona de produción, elaboración e envasado do mel amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características
O mel é un produto intimamente ligado ao territorio no que se obtén, polo que segundo a súa orixe botánica o mel de Galicia pode clasificarse en:

Mel multifloral: posúe dende cores claras ata cores escuras. O sabor varía no grao de persistencia e intensidade sempre con matices florais ou afroitados.
Mel monofloral de castiñeiro: de cor ámbar escuro, pode presentar tons vermellos. Xeralmente son meles líquidos, con cristalización moi retardada, olor malteado e gusto intenso e persistente con lixeiras notas salgadas.
Mel monofloral de eucalipto: de cor ámbar, aromas céreos e sabor lixeiramente acedo e pouco persistente.
Mel monofloral de silva: de cor ámbar a ámbar escuro, sabor fortemente afroitado, marcadamente doce e aroma a froita.
Mel monofloral de queiroga: cor ámbar escuro ou escuro con tons vermellos, sabor lixeiramente amargo, intenso e persistente e aroma floral tamén persistente.

Regulamentación

  • Regulamento (CE) Nº 868/2007 (pdf, 68 Kb) da Comisión do 23 de xullo do 2007 polo que se inscribe unha denominación no rexistro de denominacións de orixe protexidas e de indicacións xeográficas protexidas [Miel de Galicia ou Mel de Galicia (IXP)]
  • Denominación Específica recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 1 outubro de 1997 (DOG 15.10.97).
  • Por Orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 19 de febreiro de 2003 (DOG 3.3.03) apróbase o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e do seu consello regulador, modificado na orde do 10 de febreiro de 2004 (DOG 27.2.04) e ratificado pola Orde do MAPA do 18 de xuño de 2004 (BOE 5.7.04).
Mel de Galicia

Prego de condicións (266 Kb)

Fichas técnicas

Presidente: María Esther Ordóñez Dios

Pazo de Quián s/n
15881 Sergude, Boqueixón
A Coruña

Tel.: 981 511 913
Fax: 981 511 913
E-mail:
Web: www.meldegalicia.org


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS