Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Centro de Recursos Zooxenéticos >> Conservación de razas
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Conservación das razas

O programa de conservación e recuperación das razas bovinas desenvólvese nas instalacións do CRZG e nas explotacións que posúen exemplares destas razas.

No CRZG existen dous proxectos fundamentais:

  • O programa de rabaños fundacionais, deseñado para o mantemento da variabilidade xenética. Foi o soporte básico dos censos de autóctonas na época na que estes eran moi reducidos.
  • O banco de xermoplasma (seme e embrions). Á parte de conservar animais vivos, é necesaria a formación dun banco xenético de doses de seme e embrións que asegure a supervivencia das razas.

A cada semental elixido para o programa de rabaños fundacionais recóllenselle as doses de seme necesarias para asegurar a súa xenética (arredor de 2.000 doses), que pasan a formar parte do Banco. Do mesmo xeito, no centro mantense un Banco de Embrións, conseguidos das femias liberadas do programa de rabaños fundacionais.

As explotacións benefícianse do subprograma de cesión de exemplares, concibido para a recuperación dos censos nas áreas de orixe. Está baseado na entrega, por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar mediante convenio de colaboración cos gandeiros cesionarios, dun número variábel de animais excedentes do programa de rabaños fundacionais.

Prezos privados (pdf, 42 Kb) das doses seminais de gando bovino e de exemplares bovinos, aviarios, ovinos e porcinos producidos no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

Conservación de razas

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS