Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Presentación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Gandaría

Aínda que a produción de leite e a de vacún de carne son, por esta orde, os principais activos do sector gandeiro en Galicia, outras especies, como o ovino e o cabrún, están acadando cada vez maior relevancia en canto á rendibilidade das explotacións. O mantemento do sector lácteo, estratéxico para a nosa economía, non depende só de produtores, industrias e goberno, senón tamén dos distribuidores e dos consumidores.

É necesario que o prezo do leite sexa tratado dignamente tanto en orixe coma nos puntos de venda. As ordes de axudas dirixidas ás industrias agroalimentarias que operan en Galicia priorizarán as cooperativas e empresas que lles paguen un prezo digno aos produtores.

É preciso aproveitar as potencialidades da calidade da carne de vacún e tratar de conseguir un modelo de produción que lles permita medrar ás explotacións en canto a número de cabezas e de superficie adicada a cultivos e pastos, á vez que se reduce o esforzo físico dos produtores coa aplicación de maquinaria e de novas tecnoloxías que fagan máis rendible o seu traballo.

Na actualidade contamos cunha das cabanas gandeiras máis saneadas do Estado. Os controis das enfermidades fanse mentres vive o animal e despois de morto, o que garante que calquera consumidor poida dispoñer de produtos coa máxima garantía. Incídese na base territorial das explotacións, para que dependan menos dos concentrados e alimenten os animais a base de pasto, forraxe e cereais, ou a través da introdución de novos cultivos de protexinosas.

Xenética Fontao
Centro de selección e reprodución animal que desenvolve programas de mellora xenética para incrementar as capacidades produtivas gandeiras.
Prezos gandeiros
Informes da Lonxa Agropecuaria de Galicia, a partir das cotizacións da IXP Ternera Gallega e dos mercados de Silleda e de Santiago.
Servizos OAV
A oficina agraria virtual é unha ventanilla de atención ao usuario en Internet. Desde aquí poderá acceder de forma directa aos servizos da área de gandaría.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS