Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sanidade animal
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Sanidade animal

A Consellería do Medio Rural desenvolve os procesos axeitados para mellorar, consolidar e soster os niveis sanitarios das explotacións gandeiras e controlar a calidade e a seguridade das producións.

Para garantir que non entran animais enfermos na cadea alimentaria, todos os animais e os produtos que deles se derivan deben cumprir uns estritos requirimentos sanitarios e de etiquetado antes de poder ser comercializados. A normativa vixente esixe que todos os animais das explotacións estean identificados de maneira que en todo momento se poida seguir a súa traxectoria.

O mantemento e mellora do nivel sanitario das nosas explotacións outórgalles aos gandeiros galegos unha avantaxe competitiva importante para a comercialización dos seus produtos, conseguindo unha diferenciación do sector que lle permite o acceso a novos mercados.

Medio Rural incentiva a implicación dos gandeiros na mellora do status sanitario das súas explotacións mediante campañas informativas a través das Oficinas Agrarias Comarcais para incidir na importancia dos programas zoosanitarios. Tamén establece a participación dos Servizos Veterinarios Oficiais na coordinación e seguimento da execución dos programas de planificación zoosanitaria de obrigado cumprimento, creando comisións territoriais de seguimento e asegurando a comunicación sobre casos de positividade detectados en campañas de saneamento obrigatorio.

Priorízase o fortalecemento e o incremento do tecido asociativo das Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira, favorecendo a integración de novas explotacións no ámbito territorial das comarcas e contemplando a posibilidade de que as cooperativas poidan constituír no seu seo agrupacións deste tipo para reforzar a execución dos programas sanitarios aproveitando a súa estrutura asociativa.

Sanidade animal

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS