Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sanidade animal >> Doenzas
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Doenzas e epizootias

Os programas de erradicación, loita e control de enfermidades animais permitiron diminuír a incidencia dalgunha destas enfermidades a uns límites que xa están próximos a valores de erradicación.

Contar cun elevado número de explotacións libres desas enfermidades é o punto de partida para formular outros programas sanitarios e, o que é máis importante, contar con animais sans permite aplicar programas de mellora produtiva a través dos que se optimicen os recursos naturais dispoñíbeis para a súa alimentación.

Programas que se están a desenvolver:

  • Erradicación, loita e control da tuberculose e da brucelose bovina.
  • Erradicación da brucelose ovina e cabrúa.
  • Vixilancia, control e erradicación das encefalopatías esponxiformes transmisíbeis (EETs).
  • Plan sanitario do sector porcino: o programa de control e erradicación da enfermidade de Aujeszky terá unha especial incidencia no sector, dado que a súa erradicación suporía unha notábel mellora nas condicións de produción e comercialización.
  • Plan sanitario avícola: plan de control e erradicación de salmoneloses aviares, plan de control da influenza aviar.
  • Programa de loita contra as enfermidades apícolas: enmarcado no Programa nacional de axudas á apicultura desenvolvido mediante un Real Decreto estatal en aplicación do previsto no correspondente regulamento comunitario que recolle as distintas liñas de axuda a este sector.
  • Programa de vixilancia e erradicación da Lingua Azul.
  • Programas sanitarios facultativos: impulso, adaptación normativa e consolidación das agrupacións de defensa sanitaria gandeira en Galicia (ADSG) co obxecto de acadar niveis sanitarios superiores aos esixidos polos programas obrigatorios.
  • Programa de control oficial de etiquetado da carne de vacún, que por medio de actuacións na fase de produción vai garantir o correcto funcionamento do sistema de información -rastrexabilidade- na cadea alimentaria.
  • Plans de control da aplicación da normativa de benestar dos animais.
  • Implementación da estrutura e medios necesarios nos Servizos Veterinarios Oficiais para afrontar situacións de alertas sanitarias.
  • Control da seguridade alimentaria das producións gandeiras mediante o mantemento dos programas actuais de alimentación animal, PNIR, medicamento veterinario, control de subprodutos de orixe animal, inspección da calidade do leite cru nas explotacións, e a aplicación da normativa europea de hixiene.
  • Estruturación dentro dos Servizos Veterinarios Oficiais dunha Rede de Epidemio-Vixilancia que poña en valor a información dos programas sanitarios en funcionamento e que reduza o tempo que os produtores adican a cumprimentación de rexistros e declaracións oficiais.
  • Adaptación das explotacións ás novas normas comunitarias de sanidade animal e de rastrexabilidade das producións (identificación de ovino e equino, entre outras).
Doenzas

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS