Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sanidade animal >> Influenza aviaria
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Influenza aviaria

Desde o ano 2015 e principalmente en 2016, detectouse un incremento da circulación do virus da influencia aviaria, na súa maioría do tipo vírico H5N8, en diversos países de UE fundamentalmente en Francia, que afectaba tanto a aves silvestres como domésticas e que en 2017 xa afectou a aves en España, en concreto a aves silvestres en Castela-León e Cataluña e a granxas de patos en Cataluña.

Esta situación fai que o risco da entrada do virus en Galicia sexa maior que en anos precedentes, sobre todo vinculado ao risco de transmisión polas aves silvestres, especialmente as aves acuáticas migratorias.

É importante subliñar que o virus H5N8 non é zoonótico, é dicir, só afecta as especies avícolas e non é polo tanto perigoso para a saúde das persoas.

As medidas adoptadas pola Consellería do Medio Rural en resposta ao aumento do nivel de risco en Galicia a partir de 2016,  son entre outras:

  • Control dos movementos de aves de importación ou internos desde zonas con focos declarados tanto na UE como en España.
  • Intensificación do programa de vixilancia en aves silvestres e aves domésticas.
  • Coordinación permanente coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio,  departamento implicado na vixilancia das aves silvestres.
  • Contacto permanente co sector avícola, achegando información actualizada da situación e lembrando a necesidade de reforzar as medidas de bioseguridade das granxas, sobre todo evitando o contacto con aves silvestres.
  • Censado de currais avícolas familiares en zonas consideradas de risco.


Se vostede mantén aves domésticas tanto en granxas de produción como para o seu autoconsumo ou ocio, debe estremar as medidas para evitar o contacto cas aves silvestres, tanto das súas aves como dos comedoiros ou bebedoiros que poda ter situados no exterior.

Pode obter mais información sobre a enfermidade e sobre normas básicas de bioseguridade en:

Normas básicas de bioseguridade para a prevención frente a Influenza Aviaria (205 Kb)
http://www.mapama.gob.es/es/ganaderia/temas/sanidad-animal-higiene-ganadera/sanidad-animal/bioseguridad-buenas-practicas/aves_bioseguridad.aspx

Así mesmo, no caso de detección dunha mortalidade ou enfermidade alarmante nas súas aves, debe contactar o antes posible cos servizos veterinarios oficiais na Oficina Agraria Comarcal que lle corresponda, onde lle informarán de todo o que precise.

Orde APA/2442/2006, de 27 de xullo, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviar

Concellos de Galicia incluídos como zonas ZER e ZEV pola Orde APA/2442/2006

Influenza aviaria

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS