Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sanidade animal >> Laboratorio
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Laboratorio sanidade animal

O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia leva a termo os estudos, análises e ditames relacionados coa sanidade e coa hixiene dos animais, así como das producións gandeiras e dos medios de produción gandeiros nas materias relativas á sanidade animal. Tamén lle corresponde o control dos laboratorios privados adicados ás materias antes sinaladas. Nas instalacións do laboratorio analízanse 1.000.000 de mostras e fanse preto de 2.500.000 análises cada ano.

Dende xaneiro de 2005, o laboratorio está acreditado pola ENAC (Entidad Nacional de Acreditación) segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025 para a realización de ensaios físicoquímicos de produtos agroalimentarios e de augas.

A actividade dos Laboratorios de Sanidade e Produción Animal está distribuída en tres centros:

  • Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, en Lugo
  • Laboratorio de sanidade Animal de Guísamo, na Coruña
  • Laboratorio de Sanidade Animal de Salcedo, en Pontevedra

O centro de Lugo é o laboratorio de referencia e coordina os de Guísamo e Salcedo, que actúan como centros de apoio.

Laboratorio

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS