Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sanidade animal >> Laboratorio >> Actividades
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Actividades do laboratorio de sanidade animal

Son actividades principais dos laboratorios as seguintes:

  • Análise e diagnóstico de mostras para a avaliación sanitaria da gandaría galega.
  • Apoio técnico e científico para a elaboración, seguimento, adecuación e avaliación dos programas sanitarios da Administración e das asociacións de gandeiros de Galicia.
  • Apoio técnico e científico á Administración, aos gandeiros e aos veterinarios no estudo de brotes de enfermidades.
  • Realización de proxectos de investigación aplicada no ámbito da epidemioloxía veterinaria.
  • Estudos epidemiolóxicos das enfermidades animais en Galicia.

Os laboratorios participan directamente nunha grande cantidade de programas sanitarios en diferentes especies animais que se están a desenvolver en Galicia. Entre estes, pódense salientar: brucelose bovina e de pequenos ruminantes, tuberculose, encefalopatías transmisíbeis en ruminantes, peste porcina clásica e africana, enfermidade de Aujeszky en porcino, IBR, BVD, paratuberculose, neospora, enfermidades parasitarias, enfermidades de peixes (NHI, SHV), lingua azul, salmonela, controis en alimentación animal (compoñentes de orixe animal en pensos e materias primas, controis de micotoxinas e investigación de OXMs -organismos xeneticamente modificados-, entre outros), control da mamite, etc.

Actividades

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS