Seguridade alimentaria nas producións gandeiras
As actuacións da Área de Seguridade Alimentaria nas producións gandeiras desenvólvense en cinco ámbitos distintos, aínda que todos eles relacionados entre si:
1. Alimentación animal.
- Elaboración do Plan Anual de Controis da Alimentación Animal en Galicia.
- Coordinación cos responsábeis provinciais de alimentación animal, encamiñadas ao:
- Control das materias primas procedentes doutros Estados Membros.
- Control de fábricas de penso composto e distribuidores.
- Control sobre o etiquetado dos pensos.
- Control da alimentación (materias primas e pensos) nas explotacións.
- Control do emprego das proteínas animais transformadas (PATs) na alimentación dos animais de produción.
- Control das materias primas, aditivos e pensos xeneticamente modificados (OXMs).
- Xestión da autorización e rexistro en relación co Regulamento 183/2005.
- Coordinación e xestión das tomas de mostras para o control microbiolóxico, de sustancias indesexábeis e de sustancias prohibidas, nas materias primas e nos pensos.
- Reunións cos responsábeis autonómicos de alimentación animal e da Subdirección General de Medios de Producción Ganaderos do MAPA na Mesa de Coordinación para unificar criterios a escala nacional.
- Comunicación e xestión das informacións da RASFF (Sistema de Alerta Rápida para Alimentos e Alimentos para animais) polo sistema SILUM.
- Elaboración e comunicación ao MAPA da Memoria Anual de Controis en Alimentación Animal, e xestión das comunicacións do MAPA.
- Asesoramento técnico aos Servizos Xurídicos en relación coa tramitación dos expedientes referidos a este ámbito.
2. Plan Nacional de Investigación de Residuos (PNIR):
- Elaboración do plan anual de controis do PNIR en explotacións e alimentación animal, en coordinación con Saúde Pública, e do informe ao coordinador autonómico dos resultados anuais.
- Coordinación cos responsábeis provinciais do PNIR, encargados das tomas de mostras e das investigacións dos positivos.
- Seguimento das tomas de mostras, dos resultado das analíticas, e cumprimento do compromiso de mostraxe.
- Asesoramento técnico aos Servizos Xurídicos en relación coa tramitación dos expedientes referidos a este ámbito.
3. Medicamentos Veterinarios:
- Coordinación cos responsábeis provinciais do medicamento encamiñadas ao:
- Control e inspección da comercialización, distribución, dispensación e emprego dos medicamentos veterinarios, en todas as súas fases.
- Xestión da autorización e rexistro de fábricas autorizadas para a elaboración de pensos medicamentosos.
- Control da distribución e uso dos pensos medicamentosos.
- Consultas á Axencia Española do Medicamento e xestión das comunicacións recibidas.
- Asesoramento técnico os Servizos Xurídicos en relación coa tramitación dos expedientes referidos a este ámbito.
4. Calidade do leite:
- Coordinación cos responsábeis provinciais da execución do Programa de Calidade do Leite, en aplicación da Orde de 31 de xullo de 1998, para o control de células somáticas, bacterioloxía, e inhibidores.
- Coordinación coa Dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade) nas actuacións efectuadas nas Industrias Lácteas.
- Coordinación coa Subdirección General de Vacuno y Ovino do MAPA.
- Supervisión e control en relación co Programa Letra Q, de trazabilidade do leite.
5. Subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano (SANDACH):
- Coordinación cos responsábeis provinciais de subprodutos, encamiñadas ao:
- Control e xestión da autorización das plantas de transformación, plantas intermedias, almacéns e outras instalacións relacionadas cos subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, en relación co Regulamento 1774/2002.
- Control do emprego dos subprodutos en alimentación animal.
- Control dos envíos dos subprodutos a destrución noutras CC.AA.
- Comunicación ao MAPA dos cadáveres recollidos e as Tm de fariña producida.
- Coordinación coa Subdirección General de Sanidade e a Subdirección General de Medios de Producción Ganaderos do MAPA.
- Asesoramento técnico os Servizos Xurídicos en relación coa tramitación dos expedientes referidos a este ámbito.