Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sector lácteo >> Calidade do leite cru >> Controis oficiais
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Controis oficiais: protocolos de actuación

A realización de controis oficiais é necesaria para comprobar o cumprimento dos criterios e obxectivos establecidos na lexislación comunitaria. A finalidade é alcanzar leite de calidade que sexa percibido como seguro para os consumidores e a autoridade competente, conseguindo así a confianza nun produto obtido de acordo coas normas referidas á seguridade alimentaria, ao benestar animal e á protección do medio ambiente.

Controis dirixidos

Control sobre a presenza de inhibidores:

Supervisaranse o 100% das actuacións en relación cos controis levados a cabo polos responsables da recollida, que consistirán en:

  • No 100% dos incumprimentos detectados a través dos seus autocontrois, os operadores actuarán do seguinte xeito:
    • Tras recibir a comunicación da positividade do LIGAL realizarase unha inspección in situ de todas as explotacións con resultado positivo das que sexan responsables. Esta comprobación servirá para investigar a causa do positivo, e adoptar as medidas correctoras necesarias.
    • Realizarase de xeito ineludible unha proba sobre o leite existente no tanque de frío da explotación, que non poderá abandonar a mesma ata que se demostre que xa cumpre:
      • Se do resultado deste autocontrol despréndese que non existen residuos, comunicarase urxentemente ao gandeiro, e permitirase a introdución do leite na cadea alimentaria.
      • Se, polo contrario, do resultado despréndese que si existen residuos, manterase o cese da recollida do leite analizado (e do leite mixturado co analizado), ata que o gandeiro decida a súa eliminación voluntaria.

Control sobre o reconto de células somáticas e xermes:

Limites máximos permitidos pola normativa:

  1. Reconto de células somáticas inferior a 400.000 por ml. (media xeométrica móbil de alomenos unha mostra mensual durante tres meses).
  2. Reconto de xermes inferior a 100.000 por ml. (media xeométrica móbil de alomenos dúas mostras mensuais durante dous meses).

O 100% das explotacións que nos seus autocontrois ou en controis oficiais incumpran parámetros de calidade superando os establecidos para células somáticas ou xermes, recibirán notificación oficial, e quedarán obrigadas a desenvolver un plan de autocontrois específico para a mellora da calidade do leite cru para a súa explotación, informándolle de que dispón dun prazo de 3 meses desde a notificación do incumprimento para corrixir a situación, e que en caso contrario deberá suspender a entrega de leite cru agás se, co fin de protexer a saúde pública, so se envía a establecementos onde se somete a un tratamento térmico ata mostrar una reacción negativa á proba da fosfatasa, ou se destina á elaboración de queixo cun período de maduración de a lo menos 60 días.

Pasados os tres meses, aqueles produtores que sigan a superar os ditos parámetros recibirán unha notificación oficial na que se indicará que queda prohibida a entrega do leite cru procedente desa explotación, agás se, co fin de protexer a saúde pública, so se envía a establecementos onde se somete a un tratamento térmico ata mostrar una reacción negativa á proba da fosfatasa, ou se destina á elaboración de queixo cun período de maduración de a lo menos 60 días.

Controis aleatorios

  • Non estar sometida a restrición de comercialización.
  • Historial de incumprimentos dos parámetros de calidade.
  • Cota láctea da explotación.
  • Non estar incluída a explotación nun programa de mellora.
  • Cambiar de industria unha explotación cando tiña incumprimentos.

Incluirán:

  1. Inspección documental e inspección de rexistros.
  2. Inspección física, cumprimento do protocolo de hixiene das explotacións leiteiras.
  3. Toma de mostra oficial (neste caso cun so exemplar de mostra).

Nesta mostra determinarase se o leite da explotación cumpre:

  1. Reconto de células somáticas inferior a 400.000 por ml.
  2. Reconto de xermes a 30ºC inferior a 100.000 por ml.
  3. Negatividade ao AIMS BRT.

No caso de que a presenza de células somáticas e/ou xermes a 30ºC supere o máximo establecido ou se detecte a presenza de inhibidores, estas explotacións pasarán directamente ao plan de control dirixido. En todas as explotacións mostrexadas aleatoriamente, efectuarase tamén unha inspección de medicamentos, un control dos rexistros documentais e unha comprobación de inclusión do tanque de leite no rexistro xeral de LetraQ.

 

Controis oficiais

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS