Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sector lácteo >> Calidade do leite cru >> Control da calidade
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Control da calidade do leite

O leite debe ser de excelente calidade, tanto para o seu consumo como leite líquido como para a fabricación de derivados lácteos.

A calidade do leite vén determinada por tres aspectos:

  1. Calidade nutricional: fai referencia ao contido en nutrientes: graxa, proteinas, hidratos de carbono, vitaminas e minerais.
  2. Calidade hixiénica: fai referencia ao contido en células somáticas (inferior a 400.000/ml.), de xermes (inferior a 100.000/ml.) e á ausencia de antibióticos e demais inhibidores.
  3. Calidade organoléptica: o leite deberá presentar o cheiro, cor, sabor e aspecto característico deste produto.

Control da calidade do leite

En relación coa calidade do leite existen 3 premisas fundamentais:

  • A calidade do leite débese controlar en todas as etapas existentes entre a muxidura e o consumo.
  • Se nalgunha das inspeccións existen sospeitas de incumprimento das normas de calidade débese impedir o paso á seguinte fase mentres non se investigue a mesma.
  • Se tras a investigación se confirma a sospeita, o leite debe ser retirado do circuíto da alimentación humana.

Na etapa que vai da muxidura á saída do leite da explotación:

O responsable da calidade do leite é o propio gandeiro que debe adoptar todas as medidas necesarias antes, durante e despois da muxidura encamiñadas a garantir a calidade do leite que produce a súa cabana gandeira. A autoridade competente de Medio Rural supervisará o procedemento de muxidura e posterior, controlando a calidade do produto almacenado no tanque de frio.


Na fase que vai desde a saída do tanque de frío da explotación ata a entrada no tanque pulmón da industria láctea:

Os responsables da calidade neste proceso son os primeiros compradores ou os técnicos da propia industria láctea que terán que garantir a calidade do produto que está baixo a súa responsabilidade. A autoridade competente da Dirección Xeral de Saúde Pública, dependente da Consellería de Sanidade, vixiará a calidade durante o transporte, así como a chegada do produto á sede da industria láctea.


Nos casos nos que o LIGAL detecte algún incuprimento da normativa nas mostras de pago por calidade:

Estes resultados seranlles transmitidos urxentemente tanto ao gandeiro como á industria láctea para que inicien procedementos que garantan o cumprimento da normativa, así como aos responsables da calidade do leite das Consellerías de Médio Rural e Sanidade para que comproben se os operadores das empresa alimentarias adoptaron as medidas precisas para solventar esta situación.

Control da calidade

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS