Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sector lácteo >> Control leiteiro
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Control leiteiro

O Control leiteiro é unha das ferramentas básicas do Programa de Mellora Gandeira de Galicia. Rexistra obxectiva e sistematicamente a produción e a calidade do leite das femias de raza frisona das explotacións galegas que colaboran co Programa, co fin de estimar o valor xenético da poboación.

Para formar parte deste rexistro, unha explotación leiteira debe cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter un mínimo de 17 femias rexistradas no Libro Xenealóxico da Raza Frisona.
  • En canto á conformación, para que unha vaca poida ser incluída no Libro ten que cumprir cos requisitos raciais da raza Frisona.
  • Cumprir coa normativa da Campaña de Saneamento Gandeiro.
  • Proporcionar aos controladores todos os datos das incidencias de carácter reprodutivo que se produzan na súa explotación.

O control leiteiro recolle de cada vaca os datos que seguen:

  • Produción: kg de leite.
  • Calidade: porcentaxe de graxa, porcentaxe de proteína, porcentaxe de lactosa, reconto de células somáticas (RCS).
  • Reprodución: inseminacións (data e touro), partos (data, número, tipo e facilidade).
  • Xenealoxía: data de nacemento, pai e nai.

Os datos anteriores serven para calcular:

  • Medias de produción e calidade do leite das explotacións.
  • Índices reprodutivos.
  • A avaliación xenética das femias e dos sementais utilizados para a mellora xenética a través da reprodución (índices de vaca e proba de touros).
  • O apoio ao manexo técnico e económico da explotación.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS