Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sector lácteo >> Explotacións leiteiras galegas de calidade diferenciada
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Explotacións leiteiras galegas de calidade diferenciada

Obxecto.

A creación do rexistro informativo de explotacións leiteiras de calidade diferenciada no cal se inscribiran de oficio as explotacións leiteiras que, no marco do plan de controis oficiais da calidade do leite cru de vaca efectuados polos servizos veterinarios da Xunta de Galicia, superen os parámetros de calidade exixidos por este decreto.

Beneficiarios:

Gandeiros/as con explotacións leiteiras de calidade diferenciada baixo supervisión e control dos servizos veterinarios da Xunta de Galicia

Requisitos:

  • Estar en posesión da carta verde e, polo tanto, non poderá ser obxecto de retirada de cualificación por tuberculose (TR) ou brucelose (BR).
  • Dispor dun historial de cumprimento acreditado dos seguintes parámetros de calidade no leite:
    • Colonias de xermes a 30ºC (por ml) ≤ 50.000 (media xeométrica móbil observada durante un período de dous meses).
    • Contido de células somáticas (por ml) ≤ 350.000 (media xeométrica móbil observada durante un período de tres meses).
    • Non se ter detectados nos últimos seis meses, nin en mostras oficiais nin en mostras de autocontrol, residuos de antibióticos ou doutros inhibidores do crecemento bacteriano.
  • Non ter sido obxecto de sanción por incumprimentos en materia de condicionalidade, sanidade e benestar animal e seguridade alimentaria durante os últimos seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que adquira firmeza.



Normativa.

Decreto 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (DOG nº 71, do 16 de abril de 2010) - Ver

DECRETO 228/2011, do 24 de novembro, polo que se modifica o Decreto 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (DOG nº 240, do 19 de decembro de 2011) - Ver



Documentación.

  • A primeira inscrición realízase de oficio, non sendo necesario presentar ningunha solicitude
  • Para explotacións que foran excluídas do rexistro e soliciten a súa incorporación transcurridos seis meses:
    • Solicitude normalizada segundo o anexo I do Decreto 228/2011, do 24 de novembro.
    • Xustificante do pagamento das taxas.


(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que figure outra indicación.


Solicitude.

Solicitude en galego (160 Kb)

Solicitude en castelán (212 Kb)

 
Prazo de presentación: Aberto, sempre e cando transcorresen seis meses desde a súa exclusión do rexistro e desexen a reincorporación ao mesmo.

Explotacións en rexistro de calidade (a partir do 15/09/2017)  (109 Kb)

Taxa láctea

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS