Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Sector lácteo >> Letra Q
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Letra Q

Letra Q Multiespecie é un sistema de información en entorno web integrado por dous módulos informáticos: o módulo de trazabilidade e o módulo de calidade.  Esta ferramenta ten carácter estatal, apoiandose nun completo rexistro de todos os implicados no sector lácteo: administracións, operadores, transportistas, produtores e laboratorios.  Asegurar a trazabilidade do produto é a única forma de garantir a calidade contrastada e a diferenciación do leite producido en Galicia.

Para iniciar os trámites de alta, baixa ou modificar os datos de axentes ou contedores de leite na aplicación Letra Q Multiespecie, ou solicitar a reposición de etiquetas perdidas ou deterioradas, deberá facerse empregando a documentación habilitada na sede electrónica da Xunta de Galicia, procedementos:

  • MR520K (Axentes)
  • MR520L (Contedores)
  • MR520M (Establecementos)
  • MR520N (Responsables)


Para calquera dúbida ou consulta dispón dos seguintes medios:

  • Enderezo electrónico letraq@xunta.gal
  • Teléfonos 012 / 981546184 / 981546271
  • A súa Oficina Agraria Comarcal


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS