Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Seguridade alimentaria >> Venda a distancia de medicamentos
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria

Os establecementos comerciais deberán comunicar o inicio da actividade, no seu caso, á Consellería Medio Rural.

Condicións da venda a distancia ao público

Unicamente poderán levar a cabo a venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria, por correspondencia ou por procedementos telefónicos, as oficinas de farmacia e os establecementos comerciais retallistas de medicamentos veterinarios, abertos ao público, e legalmente autorizados.

Non poderán venderse a distancia:

  • As fórmulas maxistrais.
  • Os preparados oficinales.
  • As autovacunas de uso veterinario.
  • Os medicamentos veterinarios que non fosen autorizados de acordo coa normativa aplicable.
  • Os medicamentos veterinarios suxeitos a prescrición veterinaria.
  • Os medicamentos veterinarios que non se atopen autorizados pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e inscritos no Rexistro de Medicamentos Veterinarios, ou que non estean autorizados de conformidade co disposto nas normas europeas, que establecen os procedementos comunitarios para a autorización e control dos medicamentos de uso humano e veterinarios e que regulan a Axencia Europea de Medicamentos.

 

Tramitación

A través da Sede Electrónica - Procedemento MR521I

 

Lexislación aplicable

Real Decreto Legislativo 1/2015, de 24 de julio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de garantías y uso racional de los medicamentos y productos sanitarios.

Real Decreto 544/2016, de 25 de noviembre, por el que se regula la venta a distancia al público de medicamentos veterinarios no sujetos a prescripción veterinaria.

 

Ligazóns de interese

Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS