Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Recollida de animais mortos nas explotacións gandeiras de Galicia

O Regulamento 1069/2009 Do Parlamento Europeo e o Consello, de 21 de outubro, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subproductos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano, obriga a todos os operadores a que en canto  xeren un subproduto de orixe animal nos seus establecementos, o categoricen e aseguren que será xestionado (almacenado, transportado e eliminado) conforme ao disposto nela.

Significa isto que todos os gandeiros de Galicia son responsables da correcta xestión dos animais mortos nas súas explotacións,  podendo incorrer en infraccións graves se así non o fixeren.

Os cadáveres dos animais poden representar un grave risco  para a sanidade animal e, en consecuencia, para a saúde pública. Fundamentalmente por poder ser un foco de posible enfermidades animais ou humanas pero tamén por poder introducir elementos indesexables (por exemplo priones das EEB) na cadea alimentaria.

A recollida, transporte, eliminación e destrución dos animais mortos nas explotacións gandeiras foi declarado de utilidade pública polo Decreto 43/2004, de 26 de febreiro xustificándose na necesidade de garantir que todas as explotacións gandeiras da nosa Comunidade Autónoma, con independencia da súa localización, dimensións e características, dispoñan dun servizo universal que garanta a todas elas, tanto a mesma existencia do servizo, como a prestación en condicións homoxéneas.

Suxestións e queixas
As persoas usuarias poderán formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo ao contratista  na forma indicada no punto 4 do  prego de prescricións técnicas que deberá remitilas ao responsable do contrato ou ben presentalas directamente ante este último.

No suposto de remitilas directamente ao responsable do contrato,  deberá remitilas mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: recollidaanimais.medio-ruralping@xuntapong.es


Estándares de calidade na prestación do servizo
Os estándares de calidade serán publicados na web da Consellería do Medio Rural e deberán estar á disposición das persoas usuarias do servizo  nas instalacións e na páxina web do prestador do servizo.

Estándares de calidade (70 Kb)


Responsable do Contrato
Subdirector  Xeral de Explotacións Agrarias

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS