Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Gandaría >> Xenética Fontao
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Xenética Fontao

Na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1990 véñense desenvolvendo programas de mellora xenética que contribuíron ao incremento das capacidades produtivas das razas de gando explotadas en Galicia, tanto en cantidade como en calidade, mediante a aplicación de medidas destinadas á prestación de apoio técnico necesario para mellorar a eficacia e a profesionalidade das explotacións, contribuíndo á súa viabilidade a longo prazo. Entre os obxectivos do Plan Integral de Mellora Xenética (1990-2000) e do Programa de Mellora Gandeira (2001-2006) están o aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, e do nivel de vida dos gandeiros, así como a mellora da súa competitividade, a modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal, a mellora da eficacia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións e a optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

Xenética Fontao, S.A. é unha empresa pública que foi creada en 1998 e ten financiamento conxunto entre a Xunta de Galicia por medio do F.O.G.G.A. (Fondo Galego de Garantía Agraria) e as asociacións de gandeiros F.E.F.R.I.G.A. (Federación Frisona Galega) e A.C.R.U.G.A. (Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto da Raza Rubia Galega). Encárgase da xestión do Centro de Escolma e Reproducción Animal de Galicia, que conta con 470 sementais, de razas Holstein, Rubia Gallega, Blanco Azul Belga e Limusina. No ano 1999 creouse o Laboratorio de Xenética Molecular, como unha nova unidade para a prestación de servicios mediante o emprego da biotecnoloxía do ADN nos campos da Sanidade e Produción Agropecuaria.

Nos últimos anos realizase ademais unha aposta firme en materia de Investigación, Desenvolvemento e Innovación tecnolóxica, mediante a creación de laboratorios ou departamentos de I+D+i e incrementando o número activos dedicados a este tipo de actividades.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS