Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Infraestruturas >> F:ACTS!
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Formas de : Adaptación ao Cambio climático a través de Estratexias Territoriais

F:ACTS! É un proxecto de colaboración europeo enfocado a incrementar a resistencia das áreas propensas aos riscos, á hora de responder a condicións climáticas extremas debidas ao cambio climático.

F:ACTS! É parte do programa  de cooperación interregional INTERREG ICV, financiado polo Fondo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea. O programa INTERREG ICV, axuda ás Rexións Europeas a que traballen xuntas para compartir experiencia e boas prácticas nas áreas de innovación, economía do coñecemento, medioambiente e prevención de riscos.

Catorce socios de oito rexións europeas colaboran no mesmo dende xaneiro de 2010:

  • DLG, Servizo Gobernamental para a Xestión da Auga e do Territorio: lead partner, NL
  • Universidade de Van Hall Larenstein, NL
  • Concello de Almere, NL
  • VLM, Axencia Flamenca da Terra, BE
  • Provincia de Limburg, BE
  • Concello de Varna, BG
  • Empresa de Desenvolvemento da Prefectura de Achaia, EL
  • Unión Nacional de Municipios, Comunidades e Autoridades de Montaña, IT
  • Servizo Nacional do Territorio do Ministerio de Agricultura, LT
  • Ministerio de Agricultura da República de Lituania, LT
  • DGADR, Dirección Xeral para a Agricultura e o Desenvolvemento Rural, PT
  • DGOTDU, Dirección Xeral para o Planeamento Espacial e o Desenvolvemento Urbano, PT
  • Consellería do Medio Rural, Xunat de Galicia, ES
  • Universidade de Santiago de Compostela, ES

A diversidade nas rexións que participan no proxecto achega a oportunidade de aprender uns dos outros. F:ACTS! Traballa intercambiando coñecementos e experiencias das rexións en obradoiros temáticos e visitas de estudo.

O proxecto busca accións concretas. Polo tanto, o coñecemento intercambiado entre os socios porase en práctica directamente en cinco áreas piloto que experimentan problemas con riscos naturais como os incendios forestais, inundacións ou secas e perda de biodiversidade. O coñecemento obtido nos proxectos piloto proporcionará unha información valiosa para os responsables da toma de decións e os profesionais.

Proxectos piloto

Carrio (Pontevedra), Galicia
O problema principal que afecta prácticamente a toda Galicia é o risco de incendios forestais, producidos pola combinación de períodos máis longos de  seca, xunto coa deficiente xestión forestal e o abandono dos terreos agrícolas.

Strofylia (Achaia), Grecia Oriental
O parque nacional de Kotychi – Strofylia enfróntase ao incremento dos incendios forestais debidos a períodos máis extremos de seca. As prácticas agrícolas intensivas na área, xunto coa queima de residuos agrícolas por parte dos granxeiros, contribúen ao incremento deste risco. O desenvolvemento incontrolado das actividades relacionadas co turismo é outro factor en xogo.

De Wijers (Limburg), Flandes
De Wijers é unha área de estanques da rede Natura 2000 que sofre tanto inundacións como secas. Estes eventos causan problemas ao sistema de estanques que é moi vulnerable. Ós períodos  de seca máis longos incrementan a vulnerabilidade aos incendios forestais nas valiosas uceiras.

Baixo Vouga Lagunar (Aveiro), Portugal
O Baixo Vouga Lagunar é unha área da rede Natura 2000 afectada por inundacións, que poñen en risco unha paisaxe única de tipo “bocage”. Un nivel máis alto do mar causa salinización que pon en risco a área singular (con estatus de rede natura 2000) do Baixo Vouga Lagunar.

Varna (Severoiztochen), Bulgaria
Varna é unha área moi urbanizada, afectada por fortes chuvias que causan inundacións. Estas inundacións levan ao colapso do sistema de sumidoiros. Como consecuencia vese afectada a calidade das augas costeiras para o baño. As secas no verán levan á escasez de auga para o consumo humano.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS